Alexandre Boubeta

  • Empate insulso entre Celta e Mallorca

    O empate non serve nin a Celta nin a Mallorca para romper coas súas dinámicas negativas. O Celta suma xa cinco partidos sen gañar e o Mallorca consegue o seu primeiro punto tras seis derrotas consecutivas. A ambos lles pasou factura o tramo duro do calendario e están bordeando os postos do descenso.

  • Un Coruxo ambicioso logra un empate ante o líder Tenerife

    O Coruxo salvou un punto este domingo na visita do líder do grupo I de segunda división B, o Tenerife, ó campo do Vao. O equipo de Antonio Gómez puido gañar se Iosu Villar aproveita unha das dúas ocasións seguidas que tivo a sete minutos da conclusión. Tamén puido facelo o Tenerife.

  • Un Celta digno cae 3-1 ante o Barcelona

    Bermejo volveu marcar para o Celta, mentres que Adriano, Villa e Alba en claro fóra de xogo, anotaron os goles blaugranas. Tres dos catro tantos chegaron en seis minutos frenéticos mediada a primeira metade.

  • Empate xusto no derbi galego

    Celta e Deportivo asinan un  empate xusto tendo en conta os méritos duns e doutros. Bermejo, unha das novidades no once, anotou o tanto celeste aos sete minutos e Juan Domínguez empatou preto da media hora tras unha xenialidade de Valerón. Galería de imaxes no interior.

  • Vitoria do Octavio, felicidade nas Travesas

    O Academia Octavio logrou este venres a súa primeira vitoria na liga Asobal de balonmán. Derrotou por 33-31 ó Naturhouse la Rioja, sexto na Asobal, nun partido bonito, con moitos goles, que se no Pavillón das Travesas de Vigo. Un pavillón que, aínda que non se encheu, volcouse co seu equipo. Finalmente o público foise contento tras unha vitoria sufrida nun final de encontro trepidante. O Octavio é agora décimo con catro puntos á espera de que se complete a xornada.

  • O Celta gáñalle ó Sevilla grazas a un xenial Iago Aspas

    O Celta logrou a súa terceira vitoria consecutiva en Balaídos por 2-0 ante un Sevilla menos entoado que en anteriores encontros. Iago Aspas volveu ser o mellor do seu equipo. Forzou e transformou un penalti por unha discutida man do sevillista Maduro na barreira dunha falta. Foi ovacionado cando o adestrador o substituíu. De Lucas pechou o marcador no minuto 84.

  • Un gol de Park dálle a segunda vitoria da temporada ó Celta

    O Celta impúxose este sábado ó Xetafe por 2-1 nun partido bonito e emocionante en Balaídos. O surcoreano Park Chu-Young, unha das atraccións do choque,  debutou no estadio celeste anotando o tanto do triunfo dos vigueses nada máis saír ó terreo de xogo. Foi, ademais, o primeiro gol dun surcoreano na liga española