A investidura de Sánchez volve fracasar coas pontes dinamitadas entre PSOE e Unidas Podemos
O reparto de culpas polo fracaso centrou boa parte do debate previo ao fracaso da investidura, que activa o 'reloxo' de dous meses antes dunhas eventuais novas eleccións xerais
Sánchez perde a primeira votación da investidura e ten dous días para xuntar votos dabondo
Unidas Podemos abstívose como "xesto" da vontade de seguir negociando un Goberno de coalición cos socialistas "ata o último momento". Grupos abertos a facilitar a súa elección, como ERC e PNV, repróchanlle ao líder do PSOE que apenas buscase o seu apoio.
- Ao vivo
- Política
O enfrontamento de Sánchez con Iglesias no inicio da investidura complica o pacto e achega a pantasma da repetición electoral
Malia ao duro enfrontamento tanto PSOE como Unidas Podemos din que manteñen abertas as negociacións cara á decisiva votación do xoves. "Se non hai acordo, non voten coa ultradereita", retou Sánchez a Iglesias mentres UP asegura que os socialistas pretenden darlles un papel "simbólico"
Syriza perde o goberno de Grecia fronte á dereita, que logra a absoluta
"Syriza veu de partido protesta cun 4% a gobernar no momento máis difícil da nosa historia dende a ditadura. Farei todo o posible para transformar Syriza nun gran movemento progresista", di Alexis Tsipras tras recoñecer a derrota
"Syriza non ten en xogo as eleccións, vai perder; a cuestión é se queda como a principal esquerda grega"
Todo indica que tras este domingo a dereita grega, Nova Democracia, volverá ao poder que deixou tras deixar o país arruinado. "Tsipras quixo gañar tempo, pero cando aplicas un programa de rescate, que supón un sacrificio, tarde ou cedo tes que pagar por iso", analizan observadores da campaña
As primeiras sondaxes das europeas sitúan o PSOE como primeira forza malia á alza da dereita
Os socialistas serían a primeira forza cuns dous puntos máis que hai cinco anos, segundo o inquérito divulgado pola Eurocámara, que non ten en conta coalicións como a que une o BNG con ERC ou Bildu
Crise sen precedentes entre o Reino Unido e a UE tras a dura derrota do plan de May para o Brexit
O rexeitamento parlamentario ao acordo formulado por May tornou "na peor derrota dun goberno na historia moderna" do Reino Unido e a Unión admite o incremento do risco dunha saída sen acordo mentres se abren outros escenarios como eleccións xerais ou mesmo un segundo referendo
A frota galega manterá a cota de pescada tras catro anos de recortes
Tras unha nova negociación maratoniana en Bruxelas o límite de captura da pescada no Cantábrico e en augas de Galicia, portuguesas e do Golfo de Cádiz poderá manterse en 9.257 toneladas. O xurelo aumenta o 69,2% en augas de Galicia e do Golfo de Cádiz
E agora, que? Os pasos claves tras o acordo do Reino Unido e a UE para o Brexit
O Goberno de May ten por diante unha votación crucial no Parlamento que, de perdela, podería tombala e precipitar unhas eleccións. Polo momento, xa se rexistraron tres dimisións. O asunto que maís custou desbloquear no documento aprobado, de 585 páxinas, foi a fronteira entre a República de Irlanda e Irlanda do Norte
O PP abstense na votación da Eurocámara para sancionar o goberno ultradereitista de Orbán
O partido de Pablo Casado rexeitou apoiar a proposta de sanción, aprobada polo Parlamento europeo, que para poder ser aplicada necesita agora da unanimidade de todos os Estados membros no Consello.
En Marea únese á oferta de Podemos para unha asemblea por un referendo pactado
"Hai que darlle unha saída pactada a cada un dos pobos para que decidan o que queiran", di Yolanda Díaz no acto no que a formación morada e as súas confluencias convoca a parlamentarios e alcaldes de todos os partidos para que Catalunya "decida o futuro nunha consulta acordada co Estado"
Unidos Podemos promove unha moción de censura a Rajoy que o PSOE xa rexeitou
O grupo confederal empraza a socialistas e a Ciudadanos pero ambas formacións descartan xa apoialo e critican con dureza a Iglesias. "Ante a metástase da corrupción nos órganos do Estado vitais da democracia non caben intervencións puntuais", asegura Gómez-Reino, voceiro de En Marea