Feijóo gábase das listas de espera cirúrxicas do Sergas, que roldan os 100 días
A Xunta aférrase ao cómputo das agardas baseado nas "patoloxías máis graves" e obvia o sistema ordinario, lastrado polos máis de 200 días de demora do hospital POVISA de Vigo
A Xunta defende a empresa do salvamento marítimo ante a morte dunha percebeira
Rosa Quintana xustifica que a compañía privada que se encarga do servizo de gardacostas estivese máis dun mes sen gardas presenciais por "causas de forza maior". A oposición reclama explicacións, o rescate da concesión e a dimisión da conselleira.
Feijóo prepara o terreo para que o Estado poida intervir as contas de Galicia
Tras meses negándoo o presidente da Xunta abre a porta á posibilidade de que o seu Goberno recorra ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) no canto de seguir a financiarse nos mercados ordinarios de débeda pública
Rajoy, no Financial Times: "Cantos non galegos tomarían estas decisións?"
O presidente do Goberno central asegura, nunha entrevista co xornal económico británico, estar "feliz e fachendoso de ser galego" e rexeita o "vello clixé de que Rajoy nunca toma decisións"
A débeda xa é a terceira 'consellería' con máis orzamento da Xunta
Só Sanidade e Educación absorben máis recursos económicos que o pagamento do endebedamento público, cuxos xuros subiron un 97% dende 2009
Á procura da mobilización total nas aulas contra a 'Lei Wert'
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca concentracións contra a reforma educativa para o vindeiro día 31 e procurará resolucións dos consellos escolares e claustros de profesores que rexeiten o proxecto do Goberno central
Mato nega a caída do 40% nas políticas activas de emprego e teima en que soben
A conselleira de Traballo asegura que a Xunta incrementa un 4% orzamento "real" para a promoción do emprego
A política aeroportuaria galega, lastre para o sector turístico
Os profesionais da hostalería reclaman unha política aeroportuaria "de estado" para Galicia despois de que os tres aeródromos galegos rexistrasen pouco máis da metade dos pasaxeiros que moveu a terminal do Porto durante 2012
Sanidade ratifica que cobrará polas ambulancias non urxentes cando o impoña o Estado
A conselleira Rocío Mosquera nega as restricións na asistencia sanitaria para as persoas inmigrantes e os recortes orzamentarios que lle reprocha a oposición en pleno
A Xunta insta as universidades a elixir entre recortar soldos de docentes ou despedilos
PSdeG, AGE e BNG repróchanlle a Jesús Vázquez os recortes e o gasto no Gaiás e o conselleiro subliña que as súas contas "contribúen ao obxectivo irrenunciable de reducir o déficit"
Infartar en Lugo é máis perigoso
Movementos veciñais e partidos políticos da capital luguesa mobilízanse dende hai meses para esixir o servizo de hemodinámica no hospital Lucus Augusti, cuxa carencia duplica o tempo que tardan en ser atendidos os doentes que sofren un infarto
Libros de texto da Xunta: nin "gratuítos" nin "solidarios"
Educación destina 12 millóns de euros ao seu programa de "gratuidade solidaria" no orzamento de 2013. As axudas parciais, que a pasada lexislatura xa saíron máis caras que o préstamo universal, deixan fóra ao 35% do alumnado.