Feijóo encoméndalle a Rueda a "interlocución" co Parlamento e alimenta a quiniela sucesoria
O presidente defende a continuidade no seu gabinete porque ás consellerías "non se chega a aprender" tras os seis xuramentos e dúas promesas dos conselleiros e conselleiras
"Autoaxuda" para falar e escribir en galego con xeito
Carlos Callón presenta o seu novo libro, un volume con "consellos prácticos" para empregar o idioma "con corrección e fluidez" na vida cotiá. Audio no interior
Rueda, vicepresidente dun Goberno de 'máis do mesmo'
O ascenso do titular de Presidencia a un labor que xa exercía de facto, principal novidade na configuración do segundo gabinete de Alberto Núñez Feijóo xunto coa substitución de Javier Guerra por Francisco Conde en Economía e Industria. Cultura seguirá sen departamento propio.
Feijóo, reelixido "presidente de la Junta de Galicia"
O Real Decreto que oficializa o nomeamento do líder popular como xefe do Goberno galego inclúe a denominación do Executivo en castelán, o mesmo que a lei orgánica do Estatuto de Autonomía
Feijóo eríxese en adaíl da saída da crise ao son das preferentes
O líder conservador toma posesión por segunda vez como presidente da Xunta nun fugaz acto no que Soraya Sáenz de Santamaría o gabou como dirixente "integramente galego" e exemplo da unidade de España. Galería de imaxes no interior
Publicar o DOG sáelle 40.000 euros máis caro á Xunta dende hoxe
O Goberno galego adxudíca a elaboración do seu boletín oficial por procedemento negociado sen publicidade despois de ter que deixar deserta a contratación ordinaria por erros formais da única empresa que se presentara e que, finalmente, consegue o contrato de igual modo
O xuíz que denunciou a Callón pide 15.000 euros polas "veces que saen en Google" as súas verbas
O presidente d'A Mesa considera "disparatado" ser xulgado por "defender a Lei de Normalización Lingüística" e o uso do único topónimo legal da Coruña. Agarda que "se faga xustiza e se arquive o caso".
Afectados polas preferentes acusan o PP de deixalos "nas mans do banco" tras as eleccións
As persoas estafadas cos produtos financeiros das antigas caixas afirman que os populares lles prometeran "arbitraxe para todos" se "ganaban" os comicios. Os conservadores atribúen as queixas á "frustración" de quen non pode recuperar todos os seus aforros.
Feijóo revalida a Presidencia da Xunta entre ataques á oposición
O líder popular é reelixido como xefe do Goberno galego nunha sesión na reclamou a "axuda" do PSdeG e apostou polo enfrontamento con AGE e BNG. Galería de imaxes no interior.
Pachi Vázquez reafírmase na oposición a Feijóo, "contable de Galicia"
O líder socialista retoma as súas principais propostas de campaña fronte a un Feijóo que "dá por perdida a metade da lexislatura"
Beiras, retorno para a "rebelión sen verter sangue" contra o "expolio"
O líder da AGE estréase na oposición a Feijóo, a quen lle reprocha que teña "callo" para optar á investidura malia ser "cómplice" do "crime político" de deixar "desamparada a cidadanía para pagarlles aos bancos alemáns"
Jorquera debuta cunha chamada á "insubmisión" e ao "dereito a decidir" de Galicia
O voceiro do BNG oponse á investidura de Feijóo por ser "cómplice" dun "deseño europeo e estatal" que "condena" o país á "submisión" e advirte o PP de que o seu resultado electoral non o "lexitima para continuar coas políticas de saqueo".