"Hai grupos inmobilistas que semellan botar de menos a época máis dura do conflito vasco"
O responsable de relacións internacionais da esquerda abertzale explica os factores que, ao seu xuízo, restan para que o panorama político vasco volva á "normalidade" e detalla a súa aposta pola "soberanía" como vía para "establecer un novo modelo socioeconómico e produtivo" que permita a saída da crise
Rueda gábase da "unidade" do PP mentres se ve obrigado a intervir en Santiago e Ames
O secretario xeral do PPdeG e vicepresidente da Xunta tratará "personalmente" co alcalde de Santiago a súa nova imputación xudicial e inicia accións internas contra os edís rebeldes do Concello amiense
O BNG estreita lazos coa esquerda abertzale a prol da "soberanía"
O Bloque recibe unha delegación das forzas políticas representadas no Parlamento vasco por EH-Bildu e Guillerme Vázquez subliña que "a ausencia de autogoberno real sempre estivo na raíz dos problemas" de Galicia
"A cidadanía díxonos que o BNG precisa recuperar a confianza de moitas persoas"
A nova voceira municipal do Bloque en Vigo, Iolanda Veloso, asume o cargo coa aposta de realizar un labor "construtivo" na vida municipal da cidade e colaborar no proceso de "achegamento" da organización nacionalista á sociedade
Feijóo: unha axenda xerencial pendente de Madrid
Reelixido no Goberno e no partido, o presidente da Xunta segue a fiar os seus proxectos políticos ao control do déficit cun ollo posto na política estatal e na posible intervención das contas galegas por parte do Executivo de Mariano Rajoy
Unha galega, entre o profesorado evacuado dos campamentos saharauís de Tindouf
A xornalista Carmen Quintela detalla en conversa con Praza Pública a evacuación na que se viu inmersa en Tindouf, unha "operación coordinada co Goberno de Alxeria e a Fronte Polisaria" que non lle consta ao Goberno de España
Manter aberto o Gaiás custa case 9.000 euros ao día
A Xunta inicia o procedemento para contratar os servizos de limpeza e mantemento e os subministros de gas e enerxía eléctrica para a Cidade da Cultura
Baltar, Currás e Bárcenas amárganlle a festa a Feijóo
Os casos de presunta corrupción mesturados con conflitos internos ensombrecen o congreso autonómico do PP, que comeza este sábado coa ausencia de Rajoy. Alfonso Rueda recuncará como secretario xeral
Besteiro reclama solucións "políticas" ao "suicidio demográfico" de Galicia
O presidente da Deputación de Lugo aposta polo "crecemento" económico dende unha óptica "progresista de esquerdas" na presentación das contas da institución no Parlamento. O PP acúsao de empregar o goberno provincial para realizar campañas "de imaxe" de si mesmo.
O solo reservado a pisos protexidos desplómase en Galicia pola derrogación da lei do bipartito
A superficie de reserva para vivenda de protección oficial queda nunha media do 7% no conxunto de Galicia e os concellos que máis teñen non superan o 20%. A norma do Goberno anterior, derrogada por Feijóo, prevía chegar ao 40%.
Feijóo sitúa a Nava Castro en Turismo e líbraa das preferentes
Persoas afectadas polos produtos financeiros das antigas caixas aseguran que a que foi directora xeral de Comercio lles prometeu "arbitraxe para todos se o PP ganaba as eleccións"
A vaga expansiva de Conde Roa some no descontrol o Concello de Santiago
A xuíza de Lugo decide non impoñerlle medidas cautelares a Ángel Currás, cuxa presunta implicación no caso Pokémon acentúa a súa febleza política ante un PP local no que reina a división