A Xunta desdeña as alternativas da oposición para obter ingresos e paliar recortes
O PP desbota as emendas coas que PSdeG, AGE e BNG pretendían reordenar parte dos Orzamentos de 2013 e instaurar tributos para, por exemplo, gravar as rendas altas e as grandes superficies comerciais. A conselleira de Facenda acúsaos de "pintar ingresos".
O primeiro pleno sen cidadanía fica suspendido e só co PP
A oposición abandona a sesión plenaria de Orzamentos, interrompida despois de que AGE e BNG lograsen o acceso á tribuna de convidados de representantes do persoal de Navantia e da Universidade de Santiago. Pilar Rojo censura o "atentado" a unha "alta institución do Estado". Vídeo e galería de imaxes no interior
O veto á cidadanía nos plenos do Parlamento bordea as normas da institución
O Regulamento da Cámara establece que os plenos serán "públicos" como norma xeral e non especifica os criterios para autorizar o acceso de persoas convidadas
A dirección do PSdeG pediralle a Ferraz "unha fórmula" para elixir líder en primarias
Pablo García sinala que a Executiva socialista "ratifica" a vontade de Pachi Vázquez para que a persoa que o suceda sexa elixida por toda a militancia pero admite que o cambio debe ser autorizado polo PSOE
O Colexio de Xornalistas insta o Sergas a recuar na instauración da "censura previa"
A Xunta de Goberno do CPXG reclama que a xerente ourensá do Servizo Galego de Saúde retire a orde na que lle prohíbe ao persoal falar cos medios de comunicación sen o seu consentimento
PSdeG, AGE e BNG únense contra o "secuestro" do Parlamento
As tres forzas da oposición advirten de que darán "unha resposta conxunta, firme e contundente" se Pilar Rojo non recúa no veto aos convites ás sesións plenarias; o PP acúsaos de "esaxerar" e ratifica que o criterio da presidenta será o único que se aplique para admitir ou non as persoas convidadas
A presidenta do Parlamento prohíbelles aos grupos convidar a cidadanía aos plenos
Pilar Rojo apóiase nas protestas das persoas afectadas polas preferentes para vetar os convites por parte das organizacións políticas e, dende agora, para presenciar unha sesión plenaría será necesaria a autorización da Presidencia
Os sindicatos revelan que o Sergas se comprometeu a recortar 15 millóns máis
As centrais sindicais sanitarias están convocadas o vindeiro luns a unha mesa sectorial na que, din, se lles dará a elixir entre aplicar unha tesoirada á "asistencia" ou aos seus salarios. "O único camiño é a confrontación", advirten.
A transparencia, 'herdanza recibida' do bipartito
Galicia segue nos postos de cabeza nas análises de Transparencia Internacional grazas á lei do ano 2006. A organización considera o de Lugo como o Concello máis transparente dos principais municipios galegos.
Feijóo, punta de lanza do PP contra a declaración catalá de soberanía
O presidente da Xunta encabeza as voces autonómicas do seu partido contra a votación do Parlament de Catalunya e proclama que "o único suxeito de soberanía que existe é o conxunto do pobo español"
Feijóo rífalle ao PP de Santiago e négalle "apoio" a quen "fomente división"
A dirección conservadora sobe o nivel das súas advertencias públicas aos conservadores composteláns, enleados nunha arañeira de imputacións xudiciais e liortas internas
Chega a Galicia a 'barra libre' de horarios comerciais imposta por Rajoy
A Xunta inicia os trámites para adaptar a lexislación galega de horarios comerciais ás novas normas estatais. Establecementos de ata 300 metros cadrados terán a consideración de "pequeno comercio".