Quen non acate as normas da presidenta verá os plenos do Parlamento nunha pantalla
Pilar Rojo transmítelles verbalmente aos grupos a súa intención de permitir que os grupos poidan volver convidar cidadanía á Cámara. As persoas visitantes terían que asinar un compromiso de non alterar a orde da sesión.
O "foro autonómico" prometido por Feijóo para manter fondos da UE fica nunha "declaración"
O presidente da Xunta asegurou durante a súa investidura que procuraría unha unión de autonomías e Goberno central para lograr o mantemento das axudas comunitarias. Finalmente, o pacto queda nun documento con peticións conxuntas.
Os recortes fan que tratar o cancro sexa o triplo de caro para quen o padece
A Asociación Española contra o Cancro alerta dos perigos de medidas como o repagamento no transporte sanitario non urxente mentres colectivos cidadáns e de doentes alertan contra a primacía dos criterios económicos sobre os clínicos
A dirección do PP galego esfórzase en desligarse do caso Bárcenas
Os conservadores insisten en que as supostas prácticas irregulares se produciron cando Feijóo aínda non dirixía o partido; a oposición lembra que o presidente da Xunta foi alto cargo con Aznar e reclama a dimisión de Rajoy
Máis de 21.000 sinaturas para reciclar e non incinerar
O grupo promotor da iniciativa lexislativa popular "para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galicia" supera os obxectivos legais para iniciar os trámites parlamentarios
O BNG celebrará a Asemblea Nacional da "reorientación" o 17 de marzo
Os nacionalistas renovarán dirección e ideario nun cónclave dunha soa xornada e de novo aberto ao conxunto da militancia
As axudas á edición de libros escolares en galego desplomáronse un 80% con Feijóo
Educación convoca as subvencións para edición de recursos didácticos en lingua galega, ás que está obrigada por lei. Na edición de 2013 os subsidios sofren un recorte de 50.000 euros.
Feijóo só defende a limpeza das contas do PPdeG dende que el o dirixe
O presidente da Xunta evita considerar, como a dirección estatal do seu partido, que o caso Bárcenas sexa unha operación para prexudicar a Rajoy. PSdeG, AGE e BNG esixen que aclare as referencias a Galicia na suposta contabilidade 'b' da formación conservadora.
Rojo pide un "acordo" por escrito coas normas para visitar o Parlamento
A presidenta da Cámara convoca os voceiros de PSdeG, AGE e BNG a unha xuntanza na que lles reclamará pactar para evitar incidentes nos plenos. A oposición reclama a fin das restricións.
'Hemos feito' que o galego estea en 'crisi'?
Os erros ortográficos e gramaticais son unha constante na lingua empregada por diversos dirixentes políticos de Galicia. Analizamos coa axuda do académico Xosé Luís Regueira as posibles causas do problema.
O PP resístese a revelar os seus criterios de admisión de cidadanía no Parlamento
Paula Prado estréase como voceira dos conservadores acusando a oposición de "facilitar que se cometan delitos" na Cámara e istando os deputados de PSdeG, AGE e BNG a devolver o salario do pleno ao que non asistiron para protestar polas restricións da presidenta. Audio no interior
Culleredo non lle cobrará IBI a Novagalicia se troca hipotecas por alugueres sociais
A comisión de desfiuzamentos do Concello, cogobernado por PSdeG e BNG, propón eximir a entidade financeira de pagar o imposto de bens inmobles se evita desaloxar das súas vivendas as persoas que non as poidan pagar