O Banco de España viu inviable a fusión galega catro meses despois de aprobala
O presidente da patronal galega asegura que en outubro de 2010 o daquela gobernador do regulador lles transmitiu que a unión de Caixa Galicia e Caixanova "non funcionaba" e que debían apostar por un SIP
A Xunta sae en tromba contra a CIG e na defensa da súa enquisa lingüística
O Goberno galego defende que o seu inquérito é "legal" e atribúelle á central sindical a intención de "impoñer a súa opinión" dende o "descoñecemento" da lei
Agadic recorta case o 60% das axudas ao talento audiovisual
A Axencia Galega das Industrias Culturais retoma as subvencións ao talento tras non convocalas en 2012. Dende o retorno ao poder do PP estes subsidios perderon máis do 86% do seu orzamento.
'Proxecto Breogán': Cando o das caixas ía saír ben
Un dos documentos difundidos por AGE amosa un bosquexo do plan de integración entre Caixanova e Caixa Galicia que ofrecía expectativas para a creación dunha entidade "líder en Galicia e referente en España" con "capacidade para actuar nos mercados internacionais"
O BNG aposta por unha candidatura galega para as europeas
O Consello Nacional do Bloque lanza unha "apelación" ás demais "forzas nacionalistas e de esquerdas" para conformar unha opción electoral unitaria que, á súa vez, podería chegar a acordos con formacións soberanistas do resto do Estado
Fronte (máis ou menos) común contra Almunia e na defensa do naval
As forzas parlamentarias galegas coinciden en rexeitar a devolución das axudas do naval que propón Competencia. A Xunta traballa nunha postura común cos gobernos asturiano e vasco mentres o PP centra a súa mensaxe na militancia socialista do comisario, a quen o PSdeG lle pide que dimita.
O Parlamento ameaza con denunciar a AGE por divulgar papeis das caixas
A Presidencia da Cámara emite un comunicado no que di estar a "valorar" elevar aos tribunais a difusión de informes declarados secretos. Alternativa coida que, se son denunciados, vailles "saír o tiro pola culata"
KPMG responsabilizou a Xunta das posibles filtracións do seu informe das caixas
A empresa que elaborou o "diagnóstico" que o Goberno presentou como unha "auditoría" advertiu ao Goberno de que non aceptaría "responsabilidades de terceiros" se a información era difundida. Feijóo asegura que AGE pode ter un "grave problema" por divulgar estes datos.
Ex directivo de Caixa Galicia: "Que a fusión era viable díxoo a Xunta, non o inventei eu"
O antigo director xeral adxunto de Novacaixagalicia ratifica que o Banco de España tivo sobre a mesa un proxecto de 'fusión fría' da entidade financeira do norte con Caja Madrid e Caja de Ahorros del Mediterráneo
KPMG nin fixo unha auditoría nin avalou a fusión das caixas
AGE divulga os contidos de parte dos informes declarados secretos nos que a Xunta apoiou o seu impulso á unión de Caixa Galicia e Caixanova. Os autores do documento admiten que foi feito "á medida" das peticións do Goberno e que non recomendaron a constitución dunha única entidade.
Currás négase a comparecer na comisión das caixas porque pode "extralimitarse"
A ex conselleira de Facenda e actual secretaria de Estado de Orzamentos non acudirá á Cámara galega aínda que o PP lle deu o visto e prace a que o fixese. O ex gobernador do Banco de España tampouco atenderá o chamamento do lexislativo galego.
Rueda emenda a versión inicial de Feijóo sobre Dorado: "non consta a destrución" de documentos
O vicepresidente carga contra a oposición por tentar "estirar" a relación do presidente co narco e o PSdeG ínstao a amosar os contratos con el tras constatar que non foron destruídos