O PP pasa por riba das mil emendas da oposición e erixe o seu orzamento no "único" posible
Os conservadores aceptan só dúas achegas ás súas contas e PSdeG, AGE e BNG censuran a "inutilidade" e escaso carácter "democrático" de todo o trámite orzamentario.
Rajoy levántalles ás ETT a prohibición de facer contratos de aprendiz
O Goberno central aproba un paquete de medidas sobre emprego xuvenil que fomenta a contratación temporal e insiste no emprendemento, permitindo compatibilizar a prestación por desemprego co inicio dun negocio
A "fronte antitaurina" bota a andar no Parlamento
Os grupos de AGE e BNG e a metade do PSdeG secundan a iniciativa de Galicia, mellor sen tourada para pular pola retirada de axudas públicas ás touradas e camiñar cara á prohibición destes eventos de "tortura" aos animais
A marcha de Guerra converte a Feijóo no máis rico da Xunta
O presidente é o membro do Goberno galego con maior patrimonio, cuns bens que superan o medio millón de euros. Os conselleiros de Educación e Traballo son os que acumulan máis débedas, con máis de 200.000 euros cada un.
A Xunta presume de que o seu persoal colle menos baixas tras penalizalas economicamente
O Goberno galego obvia o recorte salarial aplicado ás incapacidades temporais e saca peito por "aforrar 26 millóns de euros" ao reducirse o número de traballadores que se acollen a este dereito
Feijóo non pecha a porta a 'intervir' Santiago con edís non electos
O presidente da Xunta asegura que activar os mecanismos previstos na lei de grandes cidades é "competencia indelegable" do alcalde, se ben asegura estar comprometido coa "gobernabilidade" da capital. A normativa permite introducir en Compostela ata dous concelleiros non elixidos nas urnas.
A mina de Corcoesto contrata unha ETT para seleccionar o seu persoal
A empresa mineira inicia a selección para cubrir 271 postos de traballo despois de que a Xunta prometese maís de 1.300. O PP tomba unha iniciativa parlamentaria para revisar a declaración de impacto ambiental, que a oposición e a plataforma veciñal ven ateigada de irregularidades e imprecisións.
A Xunta teima na existencia dos contratos de Pemex pero admite que "non os ten"
O director xeral de Industria dá por garantidos os dous floteis para Barreras e Navantia por "145 millóns cada un" e achácalle os problemas do naval aos "incumprimentos" do BNG cando estivo na Xunta
Beneficios fiscais para quen promocione o "franciscanismo"
A Xunta ratifica no Parlamento que o oitavo centenario da chegada de Francisco de Asís a Compostela será "acontecemento de excepcional interese público" entre 2013 e 2015 e, polo tanto, as empresas que colaboren na súa difusión terán rebaixas tributarias
Parón nos tribunais para que a Xustiza siga sendo "de toda a sociedade"
Xuíces e fiscais protagonizan unha inédita folga que en Galicia superou o 50% nas principais cidades para rexeitar a Lei de Taxas e reclamar medios axeitados para ofrecerlle un bo servizo á cidadanía
O PSdeG insta a Xunta a reverter o "machadazo" aos servizos sociais municipais
Os socialistas reclaman no Parlamento que Benestar lle reclame a Rajoy o mantemento do plan concertado, que financia servizos como a teleasistencia, e que non recorte os fondos autonómicos que achegaba a este proxecto
A oposición 'arrastra' a Feijóo para dar contas sobre a "corrupción" no Parlamento
O PP veta a solicitude do PSdeG para que o presidente "abordase" en pleno o "problema" das condutas corruptas, pero terá que responder sobre o asunto na sesión de control, a instancias de AGE e do BNG