O PSdeG cédelles catro postos nas comisións do Parlamento a AGE e BNG
Os socialistas danlles entrada a dous membros de Alternativa e a outros tantos do Bloque nas secretarías dos órganos parlamentarios máis relevantes despois do pleno e reiteran que a responsabilidade de que a Mesa da Cámara sexa bipartita é do PP
Portugal desactiva pequenos aeroportos mentres Galicia teima en harmonizar os seus
O Goberno portugués propicia o peche do aeródromo de Bragança, a apenas 50 quilómetros de Galicia, e concentra aínda máis o groso do seu tráfico aéreo de pasaxeiros en só cinco terminais, unha delas a das Açores
Dous plans do BNG sobre participación cidadá, primeiras iniciativas da nova lexislatura
Catro proposicións de lei e varias preguntas e interpelacións do Bloque inauguran o rexistro do Parlamento do noveno período lexislativo da autonomía. AGE comeza o traballo parlamentario con iniciativas sobre desafiuzamentos e a mina de Corcoesto.
O PP recúa e libera as vítimas de violencia machista do pagamento de taxas xudiciais
Ruiz-Gallardón rectifica e anuncia que as mulleres agredidas terán xustiza gratuíta. Vinte e catro horas antes, os populares tombaron unha proposta do PSOE para que as vítimas non tivesen que pagar por divorciárense dos seus agresores
A cultura, a grande ausente na investidura de Feijóo
O candidato á reelección apenas lle dedica doce liñas do seu discurso ao eido cultural e 'despacha' o sector asegurando que continuará a "potenciar" a internacionalización do audiovisual
O Concello de Ribeira teima en 'escribirse' con uve e o Valedor arquiva o caso
A defensoría galega decide pechar a queixa dun cidadán sobre o uso incorrecto do topónimo ribeirense despois de que o goberno da vila manifestase que instaría a Xunta a mudar o nome oficial
Feijóo promete un novo "rexurdimento" de Galicia baseado no control do déficit
O candidato á Presidencia enceta a súa segunda investidura cun discurso de ton xerencial que provoca "indignación" e sensación de "estafa" entre os grupos da oposición parlamentaria. Vídeo no interior.
A "Galicia nova" prometida por Feijóo, tres anos despois
O líder popular sométese dende este martes á súa segunda investidura con boa parte dos retos da primeira aínda por cumprir
Eles xa o dixeran: sesenta xuristas advertiran das ilegalidades do decreto do plurilingüismo
Profesionais da xudicatura e da avogacía e profesorado de Dereito alertou de que a Xunta ía contra a lei coa súa normativa lingüística, tal e como vén de ratificar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
O PP galego saca peito ante Artur Mas porque Feijóo saíu "reforzado" do 21-O
Os conservadores gábanse de que en todos os procesos electorais autonómicos os gobernos remataron "peor do que estaban" agás en Galicia, onde obvian a perda de votos e subliñan a suma de tres escanos
A norma coa que Feijóo tentou legalizar as enquisas lingüísticas
O Goberno galego incluíu na Lei de Convivencia e Participación unha tentativa de cobertura legal para que as familias do alumnado condicionasen o idioma do ensino despois de que o Consello Consultivo advertise da súa ilegalidade
"El arranxou a súa vida pero segue maltratándome, agora economicamente"
Unha muller vítima da violencia machista durante máis de vinte anos alza a voz para denunciar que, unha vez liberada das agresións físicas, segue sometida por ter que facer fronte a débedas contraídas polo agresor mentres estiveron casados. O seu, subliña, non é un caso illado.