A oposición únese para pedir contas pola corrupción e o PP acúsaa de "enlamar"
Tras rexeitalo dúas veces nunha semana, os conservadores volverán desbotar que Feijóo responda sobre os casos de presunta corrupción que afectan ao PP, como reclaman en bloque PSdeG, AGE e BNG
"En Vimianzo a moción non é de censura, é de corrupción"
O alcalde vimiancés do BNG, Manuel Antelo, insta a Feijóo a "parar" a operación artellada por edís de PP, PSdeG e independentes para desbancalo da alcaldía. As direccións popular e socialista desautorizan os edís censores.
Feijóo celebra entre protestas o cuarto aniversario da súa chegada á Xunta
O xefe do Goberno galego carga contra as forzas da oposición que "se miran no espello dos antisistema" ou "de Bildu" no Congreso do PP de Lugo, que reelixiu a Barreiro co 96,4% dos votos mentres no exterior se desenvolvían manifestacións a prol da sanidade pública e dos afectados polas preferentes
O PSdeG desoe a Ferraz e activa as primarias propostas por Pachi Vázquez
O Comité Nacional dos socialistas galegos dálle luz verde, con só dous votos en contra, a que a persoa que lidere o partido sexa elixida por toda a militancia o 1 de xullo. Besteiro ratifica que optará á secretaría xeral e inicia unha rolda de contactos coas agrupacións.
O PSdeG, ante unha encrucillada de dobre fío cara á renovación
Os socialistas galegos reunen este sábado o seu Comité Nacional, no que Pachi Vázquez defenderá a celebración dunha "consulta" para renovar a secretaría xeral que non concorda cos estatutos do PSOE. Os grupos internos reclaman celeridade na renovación e que os atrancos da dirección federal non sexan a "escusa" para atrasar o proceso.
A Xustiza comeza a anular despedimentos na axencia de Medio Rural que botou 23 persoas
Un xulgado de Ourense dálle á razón aos sindicatos, que veñen denunciando a anulación de postos de traballo en AGADER e agora reclama a readmisión do persoal cesado
Pachi Vázquez garante que "toda a militancia" elixirá "antes do verán" a dirección do PSdeG
O secretario xeral dos socialistas prepara unha "fórmula" que lle permita a "cada militante" participar na renovación da secretaría xeral do partido sen "confrontar cos estatutos" do PSOE, que non permiten primarias para renovar o liderado interno
A Xunta empurra os concellos a fusionárense con primas nas subvencións
Os municipios fusionados terán un 30% da puntuación polo mero feito de presentárense ás convocatorias de axudas. O Goberno galego deixa a porta aberta a incentivar estas unións con subsidios sen concorrencia competitiva, vía convenio.
Feijóo sobrevoa a lameira política compostelá esixindo explicacións aos seus e á oposición
O presidente da Xunta amósase molesto ao ser cuestionado pola situación do goberno santiagués e volve reclamar que o gabinete de Currás aclare a súa actuación, desta volta pola suposta presentación de facturas falsas en subvencións a unha asociación de veciños
O Consultivo recea de que a Xunta insira sindicatos de funcionarios no Consello dos autónomos
Un ditame asinado pola presidenta do organismo advirte de que Traballo non pode "equiparar" as centrais sindicais que representan o persoal público coas organizacións "máis representativas" de Galicia
O PP esixe un pacto sobre o dique flotante un día despois de vetalo
O conselleiro de Industria acusa a oposición de "prexudicar a imaxe de Galicia" coas súas críticas pola xestión do naval e omite un treito do programa do BNG na materia para reprocharlles aos nacionalistas que "todo o que querían xa está feito"
Un imposto aos centros comerciais para protexer o pequeno comercio?
O PP volve rexeitar no Parlamento a creación dun novo tributo que grave a instalación e actividade das grandes superficies, que xa ocupan case un millón de metros cadrados en Galicia