'Benvido, mr. Pemex': os plans industriais que nunca chegaron a Galicia
A Xunta anuncia agora a posibilidade de que estaleiros galegos participen na construción de buques no Brasil mentres fican xa no esquecemento promesas como a factoría de coches en Melón ou a de baterías no entorno de Vigo
O Sergas privatiza a supervisión dos tratamentos de tuberculose
O Servizo Galego de Saúde destinará máis de 350.000 euros a contratar unha empresa que manexará informes sobre a saúde dos doentes e "levará a cabo" os "plans de actuación" que determinen as Unidades de Tuberculose dos centros sanitarios
A Xunta pecha a entrada de novas facturas no seu orzamento ata 2013
O Goberno galego deixa de atender novos compromisos de gasto dende este 7 de novembro, agás en casos ineludibles. En 2011 adiantou o peche ao 30 de setembro para garantir a "disciplina" das súas contas.
O Parlamento prepárase para a lexislatura da oposición recomposta
Cun PP coa maioría absoluta ampliada, PSdeG e BNG estudan o xeito de abordar a irrupción de AGE na Cámara e as súas repercusións políticas e materiais
O BNG chama á folga xeral: "sobran razóns para protestar"
Guillerme Vázquez rexeita que a dirección do Bloque estea nunha situación de "interinidade" ata a conclusión da reflexión interna, que agarda que estea rematada "bastante antes do verán"
A Carta Europea das Linguas fai vinte anos inzada de incumprimentos en Galicia
O 5 de novembro de 1992 o Goberno español asinou o acordo europeo para protexer os idiomas "rexionais ou minoritarios", ofrecendo garantías de protección no ensino, na Xustiza ou nos medios que aínda están lonxe de seren cumpridos
Lugo renomeará as oito rúas que aínda ten dedicadas a persoeiros franquistas
O Concello lugués rematará, trinta e dous anos despois dos primeiros cambios, a eliminación dos vestixios da ditadura do seu rueiro, no que permanecen militares golpistas ou dirixentes de Falange, entre outros. Audio no interior.
EU comprométese a "combater" xunto aos sindicatos na folga xeral
Yolanda Díaz ratifica que o 14-N exercerá de piquete xunto a CCOO, que alerta de que o PP tenta "desmantelar" a capacidade de acción das centrais sindicais
4 de cada 10 leis de Feijóo foron para modificar outras de gobernos anteriores
A lexislatura que remata foi, con 51 leis, a segunda de maior produción de leis da historia autonómica, só superada pola do bipartito, se ben case catro de cada dez normas foron para modificar outras aprobadas con anterioridade
Furanchos tres meses ao ano e con só cinco tapas
A Xunta limita a actividade dos establecementos caseiros nos que se serve viño da colleita acompañado de alimentos. De agora en diante deberán aplicar o IVE, facer facturas e dispoñer de libro de reclamacións.
A Xunta recorrerá no TC a suspensión de axudas ás renovables que decretou Rajoy
Feijóo anuncia a intención de dirimir no Constitucional as súas "discrepancias cordiais" co Goberno central a respecto da fin das primas, que en Galicia impacta con virulencia no freado sector eólico
Unidade sindical para que "a inmensa maioría do país" vaia á folga contra os recortes
CIG, CCOO e UGT rexistran a convocatoria do paro xeral do 14-N lembrando que o PP "vai gobernar co 25% dos votos" e convencidos de que a resposta social á reforma laboral e ás políticas "da miseria" vai ser "masiva". Audios no interior.