A crise económica da oposición galega
PSdeG e BNG reclámanlle un maior esforzo económico aos seus cargos institucionais e, en menor medida, á súa militancia ante a perda de representación parlamentaria e a baixada do finaciamento público, factores que os levaron tamén a reducir o seu cadro de persoal.
Feijóo gábase de non "deixar débedas" na Xunta malia aumentalas máis do 90%
O presidente fai balance dos primeiros cen días do seu segundo mandato e defende que a Administración galega non chegase ao tope de déficit marcado polo Goberno central, como demanda a oposición para financiar máis servizos públicos
Vence: "O BNG aposta por tender pontes e sumar forzas no espectro do nacionalismo"
O economista Xavier Vence, cuxo nome figura dende hai semanas nas 'quinielas' para a portavocía do Bloque, debulla os contidos dos relatorios a debate na XIV Asemblea Nacional da formación, en cuxa redacción colaborou estreitamente.
A Xunta desbota compensar as axudas á vivenda retiradas por Rajoy
O Instituto Galego da Vivenda e Solo limítase a constatar que o Goberno central retirou os subsidios para o pagamento de hipotecas e desbota ofrecerlles alternativas ás familias afectadas
A Xunta gasta ata 175.000 en renovar os traxes dos choferes dos coches oficiais
Dous anos despois de mercar uniformes para o persoal do parque móbil, Vicepresidencia realiza unha nova compra. Un condutor do Goberno galego pode levar postos ata 487 euros en roupa.
O BNG alerta de que "quen vai pagar a reforma dos concellos serán as familias"
O Bloque inicia unha campaña contra o proxecto de lei de reforma e sostibilidade da Administración local que impulsa o Goberno central e advirte de que coa nova norma os municipios terían que deixar de prestar servizos como a axuda a domicilio, asistencia a emerxencias sociais ou normalización lingüística
O PP oficializa no Parlamento a súa renuncia á Sogama do sur
Un ano despois de rexeitar facelo a instancias da oposición, os conservadores tramitan unha iniciativa parlamentaria para instar á Xunta a "deixar sen efecto" a construción da incineradora de lixo inicialmente prevista para O Irixo
A expulsión dos edís do PSdeG desactiva a moción de censura en Vimianzo
O concelleiro ex socialista que os censores promovían como novo alcalde di valorar accións legais contra o consistorio vimiancés por non tramitar a moción e contra o PSOE por non expulsalo seguindo os procedementos establecidos.
"Ante a negativa do Estado a dialogar o debate xa non é de soberanía, senón de democracia"
Jon Iñarritu, de Amaiur, e Carles Campuzano, de CiU, analizan en Galicia os procesos políticos de Euskadi e Catalunya e a actitude do Goberno central ante a súa aposta polo "dereito a decidir" en plena "crise territorial do Estado"
A Xunta di "non ter decidido" se vai recorrer as sentenzas contrarias ao decreto da lingua
O secretario xeral de Política Lingüística teima en asegurar que o TSXG "apoia o modelo" lingüístico do Goberno galego pero, ao tempo, defende a realización dos trámites previos para presentar un recurso de casación ante o Supremo "porque xa o fixo Galicia Bilingüe e a RAG xa o está a preparar"
Jorquera suxire que non será o próximo portavoz nacional do BNG
O voceiro parlamentario dos nacionalistas segue a "apostar por diferenciar referentes orgánicos e institucionais" e subliña que está "totalmente satisfeito" na Cámara, se ben se pon "á disposición" da militancia na Asemblea do 17 de marzo
Os críticos con Rubalcaba aplauden as primarias do PSdeG
O líder do PSOE madrileño, Tomas Gómez, cren que "os socialistas galegos marcan o camiño" que debe percorrer "todo" o partido. A dirección federal asegura estar á procura de "fórmulas" para encaixar a iniciativa impulsada por Pachi Vázquez cos estatutos da formación.