O PP rexeita condenar o franquismo en Manzaneda e o PSOE abstense
Os conservadores opóñense a unha moción contra o "réxime franquista" e o "fascismo" no concello ourensán un día antes de que o alcalde de Santiago participase no recoñecemento público ás persoas asasinadas polos golpitas en 1936
        
    
    O PP só aceptou unha das 18 leis propostas pola oposición
Os conservadores tombaron ata seis proposicións de lei de PSdeG e BNG para regular materias que despois a Xunta abordou tamén mediante novas leis. Só a lei de Caixas, a do catálogo de medicamentos e a dos medios públicos tiveron o apoio de máis dun grupo parlamentario.
        
    
    A dirección de Máis Galiza evita a división e deixa en mans da súa asemblea a permanencia no BNG
O Consello Político Nacional da corrente que encabeza Carlos Aymerich seguirá "traballando pola unidade do nacionalismo" ata a súa cita asemblearia do 11 de marzo, na que decidirán sobre a constitución en partido político e sobre a permanencia no Bloque
        
    
    A Xunta evita apercibir a Negreira por excluír o galego no transporte público
Política Lingüística evita intervir na protesta dun cidadán que reclamaba rótulos e información en galego nos autobuses urbanos da Coruña. Argumenta que o mesmo veciño xa se queixou ante o Concello e o Valedor.
        
    
    O BNG de Teo non gobernará con Noriega, pero non tentará desaloxalo da alcaldía
A asemblea local da formación insta o alcalde a renunciar á súa acta e, de non facelo, avanza que os concelleiros que non se deron de baixa deixarán de gobernar "con quen despreza" o Bloque
        
    
    A Xunta xustifica o concurso de anécdotas do Sergas: "a risa dá a vida"
Sanidade resposta ao BNG, que cuestionara ao Goberno por facer "burla" dos pacientes, asegurando que a intención do certame foi "manter o humor no traballo" e lémbralle que "a retranca" é "característica da sabedoría do pobo galego"
        
    
    O bipartito logrou os fondos do Plan de Banda Larga do que se gaba Feijóo
A antiga Consellería de Innovación conseguiu 100 millóns a través dun convenio co Estado poucos meses antes das autonómicas de 2009. O persoal da Fundación Calidade, á que o anterior Goberno lle encomendou parte da súa política tecnolóxica, teme ser despedido por "razóns económicas" a través da reforma laboral.
        
    
    A dirección do BNG empraza a Noriega a deixar a acta de edil "nunha semana"
A secretaria de organización do Bloque remítelle unha carta ao alcalde de Teo advertíndoo de que en sete días comunicará ao Concello a súa "abdicación de toda representatividade" da formación. Os 'irmandiños' coidan que a dirixente frontista tenta aplicar sancións "exemplares" co alcalde teense.
        
    
    Feijóo aproba por trámite de urxencia as súas leis máis polémicas
O Goberno bota man da vía de lectura única, que apenas permite participar á oposición, para sacar adiante no Parlamento os seus proxectos máis controvertidos, o que para PSdeG e BNG converte a Cámara nun mero trámite "burocrático". O plan de recortes aos empregados públicos vén de iniciar este procedemento.
        
    
    O BNG insta oficialmente os concelleiros 'irmandiños' a entregar as actas
A Executiva do BNG empraza "as persoas que se deron de baixa como militantes" a deixar os concellos ou, cando menos, "abandonar os grupos municipais"
        
    
    Os datos desmenten a Feijóo: pouco máis da metade dos galegos ten acceso a Internet
O presidente da Xunta asegura que "nove de cada dez" galegos dispoñen xa de conexión de banda larga. Estudos do IGE, do INE e de consultoras privadas sitúan a cifra no entorno do 50% e no rural non chega ao 40%
        
    
    A semana máis decisiva de Máis Galiza
A corrente que encabeza Carlos Aymerich xunta esta semana o seu Consello Político para preparar unha Asemblea Nacional á que non se descarta que concorran dúas candidaturas