PPdeG, PSdeG e BNG recibirán 4 millóns de euros en subvencións polas eleccións xerais
A representación no Senado achega 1,3 millóns de euros ás contas de PPdeG e PSdeG. Aos populares, que lograron o 52% dos votos no Congreso, correspóndelles o 60,7% de axudas por representación na Cámara Baixa.
        
    
    A reforma laboral perde a primeira partida nas rúas galegas
A pouco máis dun mes para a folga xeral convocada pola CIG, "máis de 140.000" galegos responden ás convocatorias de Comisións e UGT contra a reforma laboral
        
    
    Case un millón de euros para limpar e manter a sede de Vivenda
O IGVS pon en marcha a contratación da limpeza e mantemento da súa sede, distribuída en catro locais de tres barrios de Santiago
        
    
    Feijóo anima o PP a "inspirarse" en Fraga: "Nunca impuxo a súa ideoloxía"
O presidente da Xunta asegura que a "o maior copagamento" é a xubilación aos 67 anos nun congreso popular marcado pola celebración das vitorias electorais e pola homenaxe a o ex ministro e ex presidente da Xunta.
        
    
    Anticoncepción e aborto en Galicia: do 'Quérote' á Red Madre
A voceira parlamentaria do BNG pregunta a valoración de Sanidade pola futura reforma da Lei do Aborto e o Sergas remítea á súa páxina web
        
    
    Feijóo defende no congreso do PP a sanidade público-privada e "o dereito a aprender en español"
O titular da Xunta é coautor do relatorio social da cita congresual que esta fin de semana reelixirá a Mariano Rajoy. Xunto ao presidente de Balears e ao líder dos populares navarros salienta que a formación conservadora está "inspirada" no "humanismo cristiano"
        
    
    O BNG de Teo "perde a confianza" en Martiño Noriega por "descualificalo"
A dirección local da formación frontista asegura que "seguirá contando cun grupo municipal" conformado por edís "que manteñan militancia" no Bloque, se ben non detalla se lle retirarán o apoio ao actual alcalde
        
    
    Beiras: “No BNG, quen teimase en modificar algo convertíase nun inimigo interior”
O líder do Encontro Irmandiño recoñece que foi "doloroso" para el deixar un BNG no que "os fracasos" se analizaron só "en clave de causas externas". Aspira a "non entrar en regueifas" co Bloque.
        
    
    Acordo entre Alternativa pola Unidade e Máis Galiza en Vigo
Membros da plataforma apoiada na UPG e da corrente de Aymerich acadan o consenso en Vigo que, agardan, actúe como "sinal de esperanza" na "reconstrución da confianza interna"
        
    
    O goberno do 'irmandiño' Martiño Noriega, pendente de dous edís que non deixan o BNG
O vicevoceiro do EI e alcalde de Teo confía en manter a "unidade de acción" cos dous concelleiros do seu equipo que non deixarán o Bloque. Mentres, dende a dirección nacionalista mantense que os cargos públicos do partido de Xosé Manuel Beiras deben "entregar as actas á organización"
        
    
    Quen fala cos irmandiños?
Pequenas formacións de nova creación e plataformas xa existentes, abertas aos "contactos para a converxencia" que a formación de Beiras quere establecer "coas persoas e grupos que estean por un novo referente político do nacionalismo"
        
    
    Feijóo: "A historia me xulgará"
O presidente da Xunta solventa a primeira sesión de control do ano asegurando ter "da súa parte" á "inmensa maioría do pobo galego". Mentres, a nacionalista Ana Pontón e o socialista Pachi Vázquez ínstano a "gobernar" e a dar explicacións sobre o parón eólico e os recortes sanitarios.