Rajoy frústralle ao Sergas o novo sistema enerxético dos hospitais de Ferrol
A decisión do Goberno central de suprimir os incentivos económicos ás enerxías renovables forza a Xunta a paralizar o contrato de subministración enerxética dos centros hospitalarios ferroláns, iniciado en decembro pola vía de urxencia
        
    
    Feijóo saca peito ante o resto do PP e Guillerme cre que "do contrato non queda nada"
O presidente da Xunta erixe a súa xestión en "referencia" para todo o Estado e o líder do BNG lamenta que "nin sequera faga o paripé, como Fraga"
        
    
    Menos cartos para a sanidade e dúas semanas máis para operarse
Os pacientes da sanidade pública agardan catorce días máis por unha operación cirúrxica que ao inicio do mandato de Feijóo, durante o que o Servizo Galego de Saúde perdeu máis de 200 millóns de euros
        
    
    Tres anos de Feijóo: inercias dunha 'estrela' que xa non brilla tanto
O Contrato con Galicia no que o presidente prometeu asentar a súa xestión chega ao seu terceiro aniversario cun escaso grao de cumprimento das súas principais promesas
        
    
    O PP teima en oporse ao aborto e á pílula postcoital e cre que a esquerda os ve "como anticonceptivos"
Os conservadores rexeitan unha proposta nacionalista para apoiar a actual lei de interrupción voluntaria do embarazo e PSdeG e BNG lamentan a súa "hipocrisía" e apoio "á Red Madre e ao Opus Dei"
        
    
    Feijóo 'resucita' a ZP e o bipartito e Pontón lamenta que confunda "a realidade coa súa propaganda"
O socialista Pachi Vázquez confronta as promesas do titular da Xunta ao inicio da lexislatura coa "senda do empobrecemento" na que, di, está Galicia actualmente e repróchalle que vaia "pasar á historia" como "o presidente que por primeira vez recortou dereitos aos galegos"
        
    
    Horas do ser ou non ser para a alternativa no PSdeG
Os críticos coa actual dirección socialista apuran o tempo para medir forzas e decidir se dar o paso para desputarlle o liderado a Pachi Vázquez no congreso de marzo. Mentres, José Blanco reaparece para virar a súa posición tradicional e considerar "posible" unha alternativa.
        
    
    O PP segue a recuar coa incineradora: estará no Irixo "ou noutro lugar"
Tres días despois de que a Deputación de Ourense rexeitase a planta de incineración no concello previsto pola Xunta, os populares abren a man tamén no Parlamento e aseguran que nunca estivo decidida a súa ubicación, pero evitan rexeitala apoiando unha moción do BNG
        
    
    Feijóo pásalles a tesoira aos empregados públicos pola vía rápida e co único apoio do PP
Os conservadores sacan adiante en solitario a lei que recorta remuneracións e dereitos sociais ao persoal da Xunta mentres máis dun milleiro de traballadores, gravados en vídeo pola Policía, rexeitaban o proxecto no exterior do Parlamento. Galería no interior.
        
    
    Peches e 4.000 sinaturas para rexeitar o recorte aos empregados públicos
As protestas sindicais contra a lei que recorta remuneracións e dereitos do persoal ao servizo da Administración autonómica incrementan a magnitude a poucas horas da aprobación do proxecto defendido polo Goberno galego e só apoiado polo PP
        
    
    O BNG expulsará os seus edís de Cee se "fan efectiva" a moción de censura
A Executiva nacionalista dará de baixa de militancia os seus tres concelleiros se seguen adiante coa moción, pactada co PP, para desaloxar da alcaldía o independente Ramón Vigo, presuntamente ligado á 'Operación Orquesta'
        
    
    Fronte común de PSdeG, BNG e sindicatos contra os recortes aos empregados públicos
Socialistas e nacionalistas explicitan o seu apoio as reivindicacións unitarias do persoal da Administración e esixirán este martes a retirada da lei que diminuirá retribucións e dereitos tanto ao funcionariado como aos traballadores contratados