Así inculpou ao maquinista ante o xuíz o cargo de Adif imputado por homicios en Angrois
VÍDEOS | As gravacións da declaración de Andrés Cortabitarte nos xulgados de Santiago, ás que tivo acceso Praza.gal, amosan o cargo que autorizou a desconexión do sistema de control de velocidade nos Alvia a desviar responsabilidades cara a outras empresas e, sobre todo, sinalando o maquinista como único culpable do accidente
Monbus, principal beneficiaria das novas liñas de bus da Xunta, obtén un de cada catro contratos
Diversas empresas do grupo de Raúl López fanse coas concesións en sociedade consigo mesmas malia que a Xunta presentou a posibilidade de agrupar firmas como unha medida para a subsistencia de pequenas e medianas empresas
Fomento admite que a AP-9 obtivo un "enriquecemento inxusto" dende hai 11 anos
O ministerio, que asume o pagamento en solitario, muda o sistema de cálculo co que desde 2006 viña asumindo a gratuidade a medias coa Xunta por “prexudicial para as administracións”, pero non indica desde cando nin en que cantidade
O cargo de Adif imputado por homicidios en Angrois culpa o maquinista ante o xuíz
CON VÍDEO Andrés Cortabitarte, que foi director de Seguridade, di que a causa do accidente foi o “exceso de velocidade por erro humano do maquinista” e nega que a normativa o obrigase a el a prever o risco da curva
Os dous peritos xudiciais reiteran as súas visións opostas sobre se Adif cumpriu as normas en Angrois
A Axencia Ferroviaria Europea deberá agora desempatar entre o enxeñeiro independente que di que a empresa pública non avaliou o risco como debía e o achegado pola Xunta, que a exculpa malia corrixir verbalmente parte do seu informe
Angrois reclama “verdade, xustiza e reparación” no cuarto aniversario do sinistro
CON VÍDEO | Vítimas e familiares de persoas falecidas concéntranse na curva á mesma hora que ocorreu o accidente tras manifestarse pola mañá desde a estación de tren apoiados por veciños e representantes de todos os partidos agás o PP.
- ENTREVISTA | Jesús Domínguez, presidente da plataforma de vítimas: “Non se pode acusar a Pastor ou Blanco de 80 homicidios pero teñen que responder no Congreso”
- Catro anos de reproches dos xuíces a Adif pola súa “complexidade”, que dificulta aclarar o caso
- O PP acantóase no "non" á investigación política
“Non se pode acusar a Pastor ou Blanco de 80 homicidios pero teñen que responder no Congreso”
ENTREVISTA | Jesús Domínguez, presidente das vítimas de Angrois, considera que “os enxeñeiros son máis responsables que o maquinista porque non fixeron o seu traballo en tres ocasións” e reclama “acabar coas presións dos políticos que din cando poñer un tren en servizo”. VÍDEOS NO INTERIOR.
Catro anos de reproches dos xuíces a Adif pola súa “complexidade”, que dificulta aclarar Angrois
O aniversario do accidente chega tras a recente imputación do ex-director de Seguridade da empresa pública pola súa “actuación deficiente, por incompleta e parcial, na avaliación de riscos” da liña. LIÑA DE TEMPO INTERACTIVA NO INTERIOR.
MAPA INTERACTIVO | Así foi o accidente de Angrois
Reconstrución xeográfica e temporal do accidente do Alvia
O Consello de Contas censura que a Xunta modificase en 2015 máis do 10% do seu orzamento
O ente fiscalizador critica que o Goberno galego mova cartos dunhas partidas a outras “en base a estimacións e non a necesidades xurdidas”
Por que non é (tan) importante (agora) a ampliación do ERTMS ata a curva de Angrois?
O sistema de control constante da velocidade está instalado ata catro quilómetros antes, onde avisa ao maquinista de que ten que comezar a frear, pero no accidente non o fixo porque estaba desconectado a bordo dos trens. Agora, ademais de volver funcionar o ERTMS nos trens, o sistema convencional de respaldo ASFA está programado para evitar outro exceso de velocidade.
Vítimas de Angrois ao PP en Santiago: "Pidan perdón"
VÍDEO | Os afectados interviron no Pleno municipal do Concello, onde se encararon co portavoz popular e ex-conselleiro de Infraestruturas de Feijóo, Agustín Hernández