A Xunta deixa sen aprobar a metade das leis e decretos que prometera para 2017
Feijóo adoita salientar que o seu é un “goberno previsible”, pero só aprobou 5 das 11 leis que anunciou para este ano e 35 dos 69 decretos, segundo o balance que vén de realizar o PSdeG. O Goberno galego admite que só aprobou "6 leis" das "11 previstas" e gábase de facer públicas as súas previsións malia ser unha obriga.
Para que dan 520 millóns: as autovías de Ferrol e o Cantábrico ou o canon eólico deixaron en Vilalba menos que a lotaría
Na vila, de menos de 15.000 habitantes, vendéronse 1.300 décimos do Gordo a 400.00 euros de premio por cada un
Audasa remata os carrís adicionais de Rande para cobrar por eles canto antes pero mantén obras na estrutura vella
O convenio só permite aplicar a suba “simultaneamente coas revisións ordinarias de tarifas”, que se producen cada 1 de xaneiro
A Xunta renova o complemento das pensións que o PP quixo suprimir pero manteno conxelado por sétimo ano
En 2009, tras rectificar a decisión inicial de eliminala, Feijóo salientou que aumentaría a contía segundo o IPC, pero desde 2011 está estancada en 206 euros malia que o custo da vida aumentou un 8%
A Xunta elixiu a ex-conselleira Mosquera para a dirección dunha empresa pública antes de convocar esa praza
O propio Goberno galego modificou a lei para que tamén os cargos de confianza elixidos a dedo teñan que pasar por unha convocatoria pública, pero os socialistas critican que este caso evidencia que é un mero formalismo
A CIG denuncia a Xunta e Estado por prevaricación e delitos contra os traballadores nas mortes de obreiros do AVE
DOCUMENTO | O sindicato pide aos xulgados de Verín que investiguen nove accidentes graves producidos desde 2013 na construción da liña nos que morreron catro persoas
Fomento impedirá a Audasa a suba adicional de peaxe en xaneiro pola obra de Rande que aínda non rematou
O ministro di que a apertura da ampliación da ponte será “nuns días” pero que o real decreto que autoriza o incremento tardará “uns meses”. De la Serna remite calquera outra liberación de peaxe ou bonificación a que sexa “asumible” pola Xunta ou que se compense con subas noutros treitos.
O venres centos de liñas de bus só circularán con reserva previa pero a Xunta non activa o sistema ata o xoves
Co inicio das vacacións escolares os autobuses compartidos só funcionarán baixo demanda, pero tanto o teléfono como a web de información e reservas aínda non están operativos
Audasa sobre o obreiro falecido en Rande en xullo: “Investígase se foi unha caída... provocada”
AUDIO | A preguntas sobre a seguridade das obras na ponte, o presidente da matriz da concesionaria, Pedro Pérez, amosa as súas dúbidas sobre o “tipo de caída” do traballador
Ferido outro traballador na ampliación de Rande, que Audasa apura para cobrar máis dende xaneiro
Hai tres días Feijóo amosouse “convencido” de que se cumpre coa seguridade tras arder un dos tirantes do viaduto e lamentou a morte hai cinco meses doutro operario
“Tivemos rondas informativas cos directores dos medios”: Así xestionou Renfe a contestación social á supresión de liñas en 2013
Hai cinco anos o recorte de servizos de media distancia en toda España realizouse sen informar previamente aos usuarios, pero insistindo en que aumentaban os servizos de AVE e longa distancia
O Goberno mantén o recorte de servizos ferroviarios que aplicou en Galicia en 2013
A “revisión” realizada polo Consello de Ministros da decisión de hai cinco anos mellora a liña Vigo-Tui pero ratifica o resto de supresións que supuxeron o peche de 22 estacións