A autovía Santiago-Lugo, cuxo primeiro treito abriu en 1999, non estará rematada ata polo menos 2022
Fomento vén de adxudicar os 16 quilómetros pendentes entre Melide e Arzúa tras anular un concurso previo e primar o aforro sobre as características técnicas, o que rebaixou o custo de 157 a 88 millóns
Nove anos despois de que Feijóo prometese pagar o AVE Ourense-Lugo, Adif inicia a supresión de 36 pasos a nivel
As melloras agora licitadas concéntrase entre Monforte e a capital provincial, en treitos nos que non está previsto construír trazados novos, que carecen de data
Fomento recorta a ampliación da AP-9 en Vigo aos 10 días de inaugurala
As protestas das familias do colexio de Chapela pola proximidade ao centro do novo carril ampliado fai que o ministerio restrinxa a circulación por el
Rajoy inaugura a ampliación da AP-9 por segunda vez en catro días
O presidente do Goberno central e o da Xunta repiten boa parte dos seus discurso nuns actos a poucos quilómetros do lugar de descanso de Rajoy nos que este aproveitou para lanzar mensaxes sobre Catalunya e a caída do paro
A culpa é de quen conduce: así tenta Audasa eximirse das súas propias neglixencias na AP-9
A Xustiza vén rexeitando pretensións da concesionaria de aforrar indemnizacións con argumentos como que as xeadas son imprevistas, que os condutores non usaban luces longas ou que non demostraron que pagaran a peaxe
A Xunta, espectadora na inauguración de Rande que permitirá á AP-9 cobrar máis peaxe
Feijóo evita a transferencia da AP-9 no discurso do acto inaugural, no que os protagonistas da imaxe do día foron Rajoy e Ana Pastor. Os concellos do Morrazo non acudiron ao acto para lembraren que quedan obras sen facer e cuestionaren as peaxes e a seguridade
A Xunta fará "máis atractivo para o sector" o Monte do Gozo, no que calculaba un beneficio privado de ata 800.000 euros
O concurso para a xestión do recinto, que obrigaba á concesionaria a investir 1,2 millóns na súa reforma, quedou deserto e agora o Goberno galego fará el mesmo as obras antes de realizar unha nova licitación
A apertura acelerada de Rande aviva a ofensiva de En Marea e BNG contra o Goberno central e Audasa
Os concellos do Morrazo plantarán a Rajoy na inauguración da ponte deste sábado e En Marea presenta un recurso ante o Constitucional contra a negativa da Mesa do Congreso a sequera debater a transferencia da autoestrada
Feijóo esquiva a homeopatía na nova lei de farmacias: “Non me atrevo a confirmar se é un produto sanitario”
O Goberno galego prohibirá a venda de “produtos distintos dos propios da canle farmacéutica” pero non detalla cales o son e argumenta que as autorizacións sanitarias dos homeopáticos son unha competencia estatal
Feijóo desmarca a Abanca da ameaza de nacionalización de Banesco lanzada por un cargo chavista
“Abanca non trasladou ningunha incerteza nin risco especial”, di Feijóo, que salienta que son "entidades financeiras e fichas bancarias distintas, unha en Venezuela e outra distinta en Galicia"
Fomento certifica que a inauguración de Rande deixa obras pendentes en Chapela por máis de 11 millóns
O ministerio autoriza a Audasa a abrir a ampliación da ponte e cobrar por ela malia admitir que hai traballos para evitar molestias aos veciños que aínda nin comezaron
Feijóo ofrece outra vez ao PSdeG o liderado da oposición se pacta co PP
O presidente e o secretario xeral socialista, Gonzalo Caballero, manteñen o seu primeiro encontro oficial, no que o primeiro lembra a “cómoda” maioría da que dispón