Caballero: “Susana Díaz sería unha líder extraordinaria para España”
O alcalde de Vigo contrapón nunha entrevista en La Sexta o seu 51% nas municipais co que define como a campaña do “non é non” feita polo seu partido nas autonómicas que gañou Feijóo con maioría absoluta.
A Xunta presume de uso do software libre nos concellos mentres segue a privilexiar a Microsoft
A Amtega salienta que “oito de cada dez concellos” o empregan, pero minimiza que os que só usan programas privativos multiplican por dez aos que só usan os libres e non deita luz sobre o volume de licenzas privadas nos municipios que combinan ambos tipos de aplicacións.
Galicia queda fóra da xestora do PSOE logo da caída de Pedro Sánchez
Pilar Cancela, presidenta da xestora do PSdeG, foi a única da ducia de membros galegos do Comité Federal que apoiou ao xa ex-secretario
Cando Albor e Fraga falaron como Beiras: así foron os discursos de investidura dos presidentes da Xunta
Malia gañar con maioría absoluta, Feijóo terá que presentar o seu programa de goberno ante o Parlamento, que lle dará o seu visto bo. Repasamos como os seus antecesores e el mesmo defenderon os seus primeiros proxectos en 1982, 1987, 1990, 2005 e 2009.
Feijóo encarga un informe sobre como aplicar a lei de goberno en funcións que el mesmo aprobou
O presidente admite que o “goberno desde o primeiro día” que prometeu en campaña non será tal ata novembro e di que diminuirá “a capacidade de gasto e as decisións”
Barreiros, ou como as solucións á desfeita urbanística traen “novos impactos paisaxísticos”
A Xunta critica unha modificación do planeamento impulsada por Concello e particulares para regularizar unha ducia de vivendas unifamiliares e di que “os efectos sobre a paisaxe e o consumo de recursos poderían ser significativos”
O PP quere axilizar a investidura e o orzamento de 2017, que xa non entrará en vigor ata iniciado o ano
Malia a maioría absoluta, o novo goberno non comezará a traballar ata iniciado novembro, co actual executivo en funcións limitado nas súas capacidades e coa incerteza do teito de gasto e as transferencias estatais que debe autorizar o Goberno central
Feijóo sitúa nas municipais do ano pasado a fin do devalo popular en Galicia
O presidente galego avala a Rajoy para unhas novas eleccións xerais e insiste en que permanecerá en Galicia catro anos aínda que se produza algunha “situación excepcional”.
Feijóo mantén o seu dominio parlamentario grazas ao PP de Ourense
O candidato popular sobreponse á imaxe de corrupción que tentou transmitir a oposición ao salientar tanto a imputación do presidente ourensán como a súa propia amizade co narco Marcial Dorado.
Feijóo pide o apoio dos votantes de PSdeG e Ciudadanos “por todo o que compartimos”
“Non importa que os carteis sexan vermellos, laranxas ou azuis”, di o candidato do PP, que se presenta como “servidor de todos”, tamén dos que non lle votan.
A Xunta subvenciona a un colexio privado unha excursión formativa dos seus alumnos
A Consellería de Medio Ambiente organizou en Silleda actividades para “uns 300 nenos” entre os que, ademais de varios colexios públicos, incluíu o Peleteiro de Santiago, completamente privado. Entregoulle 220 euros polo minibús que empregaron para o desprazamento.
De Cospedal avala o baltarismo no seu berce
A número 2 do PP visita Esgos, vila natal de José Manuel Baltar, co seu fillo logo de que ofertase 128 postos de traballo na Deputación a catro días das autonómicas. O listado de 30 medidas que Ciudadanos esixirá a Feijóo para apoialo non menciona de xeito expreso a marcha de Baltar, malia reclamala nos últimos días.