Feijóo preséntase no derradeiro Consello da lexislatura como o anovador da ordenación territorial galega
A Xunta aproba a tres días das eleccións a fusión de Cerdedo e Cotobade, o regulamento da Lei do Solo e axudas de 20 millóns de euros á rehabilitación
“Non valen 38 escanos, hai que sacar 39, 40, 41 e 42”, di Rajoy
Mentres Feijóo resta importancia ás enquisas que lle dan a maioría absoluta para que os seus non se desmobilicen, o presidente do Goberno en funcións di que “custa menos ser feliz coas enquisas a favor que en contra”.
Pontón promete eliminar “os impostos á enfermidade"
A candidata do BNG asegura que “o máis diferente e rebelde que se pode ser en Galicia é nacionalista” e di que a chave do cambio son os escanos que disputan os nacionalistas ao PP "en todas as circunscricións".
O PP recupera a ameaza da expropiación de leiras se a esquerda chega á Xunta
Como en 2009, cando aseguraban que “PSOE e BNG queren quedar coas túas terras”, os populares din agora que “a proposta da marea para o rural é expropiar as fincas que non se traballen”. Porén, foi o actual goberno do PP o que impulsou unha lei para a "mobilización das terras en manifesto estado de abandono".
Rajoy mete na campaña do PP galego o triunfalismo e a corrupción dos que foxe Feijóo
Mentres o presidente en funcións recupera a pantalla de plasma e eloxia o PP, o candidato insiste nun discurso personalista e próximo que renega da política de partidos
Rajoy rememora en Betanzos a creación do PP a partir da fragmentación previa da dereita
O presidente eloxia a unidade dos seus fronte á división da esquerda: “Ao principio eramos poucos, logo fúmonos unindo, logo uns que estaban nun sitio, aínda que pensando o mesmo ca nós, fixeron un grande esforzo e acabamos xuntándonos todos, cada vez fomos máis”
Cristina Losada: do trotskismo de Madrid ao liberalismo "do país"
PERFIL | A candidata de Ciudadanos (Vigo, 1954), desenganada coa súa mocidade esquerdista, tenta facerse un oco no amplo espectro político que abarca o PP de Galicia.
O PP alerta de que a confianza nas enquisas pode custarlles o poder en Galicia
“Se xa non nos gustou un goberno dividido entre dous, o Bloque e o PSOE, como nos vai gustar un goberno dividido entre catro?”, di Feijóo, na que fora vila-símbolo do PP, en mans agora dun cuatripartito encabezado polo Compromiso por Galicia de Rafael Cuíña.
Sánchez e Feijóo simultanean mitins a cen metros con apelacións a Rita (a Santa e Barberá)
En Vilagarcía de Arousa os socialistas lembran os casos de corrupción dos populares e estes aseguran que aos seus contrincantes só lles queda encomendarse á patroa da vila e dos imposibles
O Porriño, un erro humano evitable?
Fomento asumiu que oito dos 11 accidentes con fallo do maquinista ocorridos logo do sinistro de Angrois de hai tres anos paliáronse ou serían eludibles con melloras técnicas
Feijóo preséntase como un “axitador social” que denunciou a crise que negaba Zapatero
Os principais contrincantes do candidato do PP “proceden do nacionalismo, polo tanto do século XIX”, di o presidente castelán e leonés, Juan Vicente Herrera, co que compartiu mitin en Xinzo logo dun paseo electoral por Allariz.
A Xunta enléase coa promesa de Feijóo de “blindar” o dereito dos castelanfalantes
O propio goberno galego resta importancia aos cambios anunciados con solemnidade polo presidente a dez días do 25-S, no que o PP teme perder a súa maioría absoluta a mans de Ciudadanos e as súas promesas contra a normalización lingüística.