Luca Chao: “A nosa prioridade é unha política exterior que faga da cooperación o piar fundamental”
ENTREVISTA | Luca Chao, portavoz en materia exterior do grupo parlamentario de En Marea, analiza a Estratexia de Acción Exterior da Xunta nunha serie de entrevistas de Praza.gal e o Igadi.
Juan D. Villoslada: “A acción exterior de Galicia merece unha lei, non pode quedar no ámbito dun decreto”
ENTREVISTA | Juan Manuel Díaz Villoslada, portavoz en materia exterior do grupo parlamentario do PSdeG, analiza a Estratexia de Acción Exterior da Xunta na serie de entrevistas de Praza.gal e o Igadi.
Ana Miranda: “Debemos ambicionar unha diplomacia galega como a Diplocat”
ENTREVISTA | Ana Miranda, portavoz do BNG en Bruxelas, analiza a Estratexia de Acción Exterior da Xunta nunha serie de entrevistas de Praza.gal e o Igadi.
Cuarto "non" do PP galego a investigar o accidente de Angrois
O Parlamento rexeita abrir a comisións sobre o sinistro do Alvia que solicitaban En Marea e BNG nunha votación secreta na que todo o Grupo Popular se opuxo e os socialistas se abstiveron
O terceiro perito de Angrois cuestiona "como é posible" que a única "protección" na curva fose o maquinista
O enxeñeiro da Xunta José Manuel Lamela entrega ao xuíz o seu informe, no que ve "de sumo interese" aclarar como nunha liña "autorizada" para velocidades de ata 220 quilómetros por hora non estaba "cuberta" a "posibilidade" dun erro humano
Competencia apercibe a Adif por anunciar para 2016 un treito do AVE galego adiado a 2018
A empresa pública indicou formalmente que o treito Zamora-Pedralba ía estar operativo en 2016. Co goberno en funcións ultimou trámites para abrilo a comezos de 2018 e agora vén de demoralo a finais dese ano
Cando o PP daba ultimatos de 10 días para cumprir os prazos do AVE galego
Xunta e PP reprocharon a Fomento demoras duns poucos días nos trámites do AVE mentres gobernou o PSOE. Feijóo atribúe agora o "deslizamento da finalización" ata 2020 ao bloqueo político en España mentres a oposición o vé "cómplice" dun novo "engano".
A UE escoita as vítimas de Angrois antes que os parlamentos galego e español
A Plataforma Víctimas alvia 04155 interveu esta semana ante a Eurocámara e a Axencia Ferroviaria Europea recibiunas por terceira vez. Mentres, non foron escoitadas nas investigacións oficiais españolas e lamentan o "cinismo" dos novos responsables de Fomento
A Axencia Ferroviaria Europea, disposta a colaborar na investigación xudicial de Angrois se o xuíz o pide
As vítimas aplauden a "total disposición" do organismo comunitario, que as recibiu este mércores por terceira vez. Miranda (BNG) avanza a súa intención de pedir que a Comisión Europea abra "un novo procedemento de infracción" a España
A Eurocámara insta a Comisión Europea a investigar o accidente de Angrois porque España non o fai
"A obriga de investigar o accidente non se cumpriu de maneira adecuada", constata a Comisión de Peticións da Eurocámara tras escoitar as vítimas do accidente. A petición da Plataforma Víctimas Alvia 04155 foi secundada por todos os grupos agás o PP
As vítimas de Angrois afrontan unha semana clave nos xulgados e na Eurocámara
O xuíz dá aos peritos ata o 27 de xaneiro para entregar o seu "informe consensuado" sobre se Adif avaliou os riscos da curva de Angrois. O día 24 as vítimas comparecen ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo
A lenta transparencia da Xunta: 7 meses para dicir que non sabe se ten 'tarxetas black'
Tras dúas peticións oficiais de información e a intervención da Valedora do Pobo, a Consellería de Facenda di “non dispor de información” sobre se existen tarxetas bancarias institucionais no resto da administración autonómica e só nega que ela mesma as teña “dende 2009”. Fontes consultadas por este diario aseguran que non as hai desde hai décadas.