O Congreso insiste: Rajoy non ten a súa confianza
Por segunda vez en dous días os deputados rexeitan a investidura do candidato popular por 180 votos en contra e 170 a favor. O resultado achega algo máis as terceiras xerais, que o PP acepta agora que non sexan en Nadal, como viña forzando. Pedro Sánchez abre a posibilidade dun goberno alternativo: “As forzas do cambio temos a responsabilidade de ofrecer unha solución ao país”.
Feijóo presenta o PP como o partido da mocidade “inconformista”
Logo de meses criticando á oposición por ser un “caos” político fronte á “unidade” do PP, di agora que “a xente que pensa por si mesma é a que cambia o mundo”.
A Xunta tenta desactivar con cartos antes da campaña os principais conflitos sociais
O sector lácteo, os mariñeiros, os brigadistas forestais ou algunhas entidades do terceiro sector foron nos últimos anos unha dor de cabeza para o PP polas súa capacidade de mobilización social. Agora están a recibir apoio económico porque, segundo Feijóo, "neste momento hai posibilidade" de facelo.
O xuíz de Angrois deita nos peritos da Xunta a responsabilidade de dicir se o risco era tolerable
A Audiencia da Coruña rexeitou a súa intención de xulgar só ao maquinista e ordenoulle hai máis de tres meses reabrir a instrución. Faino agora e dá á súa vez tres meses a tres expertos, dous deles funcionarios de dubidoso rigor, para que lle entreguen “un só informe consensuado”.
Feijóo di que lembrarlle a súa amizade co narco Marcial Dorado é “difamar”
O presidente considera que Pablo Iglesias o “insulta” ao recordar esa relación, como vén facendo de xeito recorrente toda a oposición galega, porque pensa de xeito distinto a el e asegura que tamén vai insultar a “miles de galegos”.
Feijóo anuncia a un mes do 25-S unha industria láctea que non operará ata 2019
O presidente recibe aos directivos da firma promotora, constituída en febreiro, agora que os gandeiros veñen de convocar diversas mobilizacións pola continua caída dos prezos.
Pontón culpa a PSOE e Podemos de que non haxa un goberno alternativo a Rajoy
O BNG “testa” o seu programa para o 25-S cunha trintena de colectivos sociais e económicos.
PSdeG e BNG reformarán o IGAPE e impulsarán o uso do solo industrial
O PP fai campaña visitando empresas de éxito con cargos da Xunta. En Marea promove en Ourense a transparencia e a participación contra o caciquismo da "coalición Baltar-Feijóo".
Do “Pachi maricón” de Baltar hai dúas campañas á vangarda dos dereitos LGTBI
A Xunta reparte 12.000 euros entre catro entidades do sector e o PP preséntao como a “primeira vez” que un Goberno galego as “axuda”. A un mes das autonómicas de 2009 o discurso do PP ourensán sobre a homosexualidade era distinto.
PSdeG, En Marea e BNG esixen debates cara a cara con Feijóo, que saca o seu propio xornal
Os partidos tentan achegarse ao cidadán ao tempo que buscan maior presenza nos medios de comunicación.
Pacto PP-C's: Unha España homoxénea e urbana
O acordo de investidura dedica un só dos seus 150 puntos, e de xeito xenérico, ao rural e a pesca, mentres que insiste na uniformización das políticas autonómicas. De Galicia só fala para “axilizar” o AVE e apostar por que o Instituto Cervantes preste tamén atención ás linguas cooficiais, e obvia a promesa de Ciudadanos de investigar mellor Angrois.
Galicia 'enladrilla' 4,4 quilómetros de costa ao ano desde 1987
O Observatorio de la Sostenibilidad sitúa o litoral galego como o máis urbanizado do norte de España, pero aínda a distancia do Mediterráneo. Os investigadores critican que a administración protexe a costa que non sofre presión urbanística pero permite moitas excepcións onde si a hai.