Terceiro aniversario de esperanza tras dous de indignación en Angrois
O accidente de tren de Angrois cumpre este domingo tres anos sen que as vítimas viran aínda atendida a súa petición de xustiza pero tras dúas recentes vitorias parciais coa reapertura da instrución xudicial e a crítica da UE á investigación de Fomento que culpou só ao maquinista. GRÁFICO INTERACTIVO NO INTERIOR
Unha peritaxe plaxiada e outra con pouco rigor demoraron máis dun ano a instrución de Angrois
Os nove estudos técnicos sobre o accidente do Alvia, do que se cumpren agora tres anos, presentáronse no xulgado en febreiro de 2015, pero o instrutor só tivo en conta dous, feitos con eivas por funcionarios da Xunta, para culpar só ao maquinista. Agora a Audiencia da Coruña obrígao a analizar tamén as peritaxes que ven responsabilidade en Adif. DOCUMENTOS, VÍDEO E LIÑA DE TEMPO NO INTERIOR
Cinco anos dos atentados de Noruega que o seu autor vinculou co Prestige
O 22 de xullo de 2011 o ultradereitista Anders Breivik matou 77 persoas en Noruega na maior matanza do país desde a II Guerra Mundial. Días antes divulgara en internet un manifesto, 2083, A european declaration of independence, un compendio islamófobo no que Galicia aparecía citada en varias ocasións.
Feijóo presenta os seus "acordos" co BNG como un aval aos de Rajoy cos nacionalistas
“Grazas” ao BNG, di o presidente da Xunta, hoxe Abanca ten a súa sede en Galicia e a comunidade “leva aforrados máis de 200 millóns de euros en gasto farmacéutico”.
O tren 'de segunda' de Cascos cumpre 15 anos á espera de converterse en AVE
Hai tres lustros o ministro, acompañado de Aznar, Fraga e Cuiña, colocaba a primeira pedra da alta velocidade galega, construída aos anacos e con prestacións dispares. 2018 é a última data prometida polo Goberno para a súa finalización.
AGE pregunta onde inviste a Xunta a súa débeda se Contas di que non o fai en gasto social
O deputado Ramón Vázquez pide a saída do ente fiscalizador de Dositeo Rodríguez, que cesou nese cargo hai cinco meses.
Vítimas de Angrois citadas con Pastor abandonan Fomento ao non acudir a xa ex-ministra
Os afectados critican o “plantón” logo de serlles ratificado o encontro e limítanse a entregarlles aos presidentes de Adif e Renfe un escrito coa súa reclamación dunha investigación independente do sinistro. O ministerio non quixo dar a súa versión. VÍDEO NO INTERIOR
A UE insiste nas súas críticas á investigación de Fomento
A Axencia Ferroviaria Europea di ser coñecedora dos “cambio feitos por España este ano para asegurar que o ente nacional de investigación CIAF actúe de xeito independente”, pero salienta que iso “suliña o feito de que no momento da investigación de Angrois” non o era.
A elección de Pastor para o Congreso engade incerteza e indignación ás vítimas de Angrois
A ministra aceptara reunirse cos afectados, que lle piden unha nova investigación, na tarde deste martes. As súas funcións pasan a ser asumidas por Rafael Catalá, titular de Xustiza e un dos responsables da xestión do sinistro como secretario de Infraestruturas.
Un centro de saúde que parece todo un ministerio de Sanidade
Feijóo fai balance de toda a súa xestión sanitaria na inauguración dun ambulatorio prometido hai unha década.
Contas certifica que a Xunta beneficiou o presidente de Xóvenes Agricultores
O Goberno galego entregou ao sindicato dous millóns de euros cos que mercou varios locais dos que era copropietario o seu dirixente. A Xunta di que descoñece ese dato e Contas replícalle que os seus propios auditores llo comunicaron.
Pastor recibe o martes ás vítimas de Angrois, que lle pedirán unha nova investigación
Cadrando co terceiro aniversario, a plataforma de afectados celebrará o vindeiro sábado en Santiago unha asemblea, o domingo ao mediodía unha concentración no Obradoiro e á tarde, unha homenaxe no lugar do accidente.