Fomento abre expediente a Vueling polas súas demoras, de máis de dúas horas en Galicia
O voo de Santiago a Zurich do sábado foi cancelado e os viaxeiros sairán o luns desde Porto. A compañía xa viña arrastrando problemas e estes agraváronse coa operación saída desta fin de semana.
Comeza unha tempada de lumes que a Xunta prevé tardía
O Goberno galego asegura que a meteoroloxía da primavera demorará os incendios deste ano e por iso adía o funcionamento ao cento por cento dos seus dispositivos de loita.
“No Morrazo demostramos que a esquerda pode chegar a acordos confluíndo no programa”
ENTREVISTA Leticia Santos (Moaña, 1985) converteuse hai un ano na primeira alcaldesa da súa vila, un concello que tivo rexedor nacionalista durante a maior parte da democracia, neste mandato en asociación co PSdeG tras os catro anos anteriores de goberno do PP. “Eu son unha nova cara, pero o BNG non é vella política”, di quen é un dos referentes da renovación que tenta acometer a súa formación.
A Xunta oculta que a base de drons de Rozas afecta a unha ave en perigo de extinción
O Goberno galego fai pública unha versión do convenio con Defensa na que borra unha cláusula amparándose nunha excepción da lei de transparencia. O ministerio publicou a versión íntegra e nela desvela que no aeródromo hai especies ameazadas.
Feijóo advirte de que as eleccións galegas poden non cadrar coas vascas
O presidente asegura que serán en outono pero que non falou co lehendakari Urkullu. “O único que sabe quen vai ser o candidato das mareas de Podemos en Galicia é Pablo Iglesias”, di sobre os seus contrincantes.
Feijóo ve “indigna” a denuncia polas mortes da hepatite e aos médicos que a formulan
AGE lémbralle ao presidente que é a Fiscalía a que relaciona as demoras nos tratamentos con motivos económicos e que "a Xunta é a única administración do Estado encausada por este asunto".En Fandicosta o 112 deu instrucións aos bombeiros durante dúas horas sen coñecer a gravidade do lume
O PP négase a investigar a descoordinación das emerxencias como pide toda a oposición malia que a transcrición das chamadas, á que tivo acceso Praza Pública, déixana patente. “Parece que os bombeiros do Porriño toman decisións en seguridade vial, bueno o que faltaba xa [...] Esto é un caos”, quéixase un Garda Civil de Tráfico.
Feijóo recorre a Castelao para criticar a quen se aledan dos problemas da UE
O discurso do presidente na entrega das medallas que levan o nome do galeguista volve obviar o contexto no que este defendía as súas ideas.
O Parlamento recibe á Embaixada de Israel dous anos despois de que esta o declarase "inimigo"
Unha lembranza unánime do éxodo palestino por parte da Cámara galega provocou en maio de 2014 un duro ataque do embaixador israelí e unha resposta descoordinada dos grupos galegos.
Sanidade convértese na consellería que máis entorpece o traballo do Valedor do Pobo
O defensor dos cidadáns tivo que reiterar peticións á consellería en 131 ocasións e ameazala 11 veces con declarala "hostil". En total, 40.000 galegos, o 1,5% da poboación, queixáronse ao Valedor do Pobo en 2015, o dobre que o ano anterior.
O equilibrio esquerda-dereita non se movería no Parlamento de Galicia
PP e Ciudadanos sumarían os mesmos deputados que teñen actualmente os populares en solitario, 41 de 75, e permitirían a Feijóo renovar en outono a presidencia da Xunta co seu propio bipartito.
Feijóo e Baltar danlle ao PP 2 dos 14 deputados que recupera en toda España
A campaña do presidente galego, salientando a súa labor de goberno máis que a de Rajoy, coa vista posta nas autonómicas, e apelando á volta ao PP dos votantes que marcharan a Ciudadanos lévao a acadar agora o seu obxectivo de decembro: maioría absoluta de escanos.