Feijóo preséntase como garante do emprego de Ferroatlántica e á vez deita a decisión nos técnicos
En Marea denuncia que a empresa xa segregou as actividades no Rexistro Mercantil. O presidente di ao tempo que pedirá tantas garantías de emprego como agora pero que a concesión actual non garante ningún posto de traballo.
Xunta e Competencia atribúen aos concellos parte do elevado prezo do gasóleo en Galicia
Tres anos despois de que as dúas institucións puxesen o foco sobre os carburantes sen que as súas medidas se teñan traducido nunha rebaixa substancial, deitan agora parte da responsabilidade nos obstáculos municipais á apertura de novas gasolineiras
Pedro Sánchez cuadriplicou en Galicia a súa vitoria xeral sobre Susana Díaz nas primarias do PSOE
O madrileño recupera a secretaría xeral oito meses despois de deixala pola súa negativa a facilitar a investidura de Rajoy. Sánchez logra unha rotunda vitoria a nivel federal e gaña en todas as provincias galegas. Patxi López queda cun 7% entre a militancia de Galicia
As vías galegas obrigan a ter os trens de mercadorías máis curtos de España malia o investimento dos últimos anos
As lonxitudes máximas permitidas para os convois de carga en Galicia seguen estando á cola do Estado tanto nas conexións portuarias como nas internacionais, tamén no Corredor Atlántico da UE. O tamaño do tren inflúe na súa rendibilidade e vantaxe fronte á estrada.
A combinación de dous artigos dos orzamentos galego e estatal ameaza con despedimentos masivos na Xunta
O Goberno galego prevé converter o seu persoal laboral temporal en funcionarios interinos, pero o CSIF alerta de que as contas do Goberno central agora en tramitación limitan a duración deses novos nomeamentos a un máximo de “tres anos”
Cando un conselleiro de Feijóo municipalizou, con beneficios, un aparcamento en concesión
Non en todas partes o PP está a obstaculizar remunicipalizacións. Baiona xa non ten présa por volver adxudicar un estacionamento cuxa xestión pública recuperou en 2015, co titular de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña como alcalde, e do que agora obtén beneficios.
Telmo Martín retorna á alcaldía de Sanxenxo dez anos e varias polémicas despois
Rexedor entre 1999 e 2006, recupera o bastón de mando logo de que Feijóo lle perdoase en segredo en 2011 unha multa de 3 millóns e de pedir hai un ano unha axuda mensual de 2.800 euros ao Congreso malia ter un patrimonio de 21 millóns
Feijóo descarga nos funcionarios a venda das centrais de Ferroatlántica e pide "que non se deixen presionar"
Advirte que o Goberno non dará "ningunha indicación" á Asesoría Xurídica da Xunta e que o seu informe sobre a petición de Villar Mir para segregar as actividades na Costa da Morte será "vinculante". En Marea e BNG rexistran a solicitude para que os traballadores comparezan na Cámara.
“Delinquir non sae barato”, di Feijóo tras reducir a Xunta as penas dos condenados polo caso Retablo
O Goberno galego evitou acusar a un dos dous técnicos autonómicos condenados por suborno. O presidente xa avalara non actuar contra funcionarios e cargos do PP nos casos Cela e Campeón
“É máis probable que os meus fillos sigan falando galego que vivindo do leite”
Diego Fraga, gandeiro de Guitiriz, é un dos provedores de Deleite, a marca que fai do galego antídoto contra as dificultades pola que atravesa o sector lácteo. “É a primeira vez que te sentes identificado coa marca e coa industria”, di.
Fiscalía e Xunta deixan en multa de só 720 euros a condena do técnico que ía “repartir Galicia” en contratos
CASO RETABLO Grazas a un acordo previo ao xuízo deste martes, os dous traballadores autonómicos implicados no caso Retablo de corrupción con arte sacra ven reducidas notablemente as súas penas
Fenosa e Iberdrola volven fracasar noutro intento de limitar o imposto galego aos grandes encoros
O Tribunal Superior rexeita a pretensión de Gas Natural Fenosa de que a Xunta non lle cobrase polos 141 e 135 metros dos seus saltos de auga do Tambre senón só por 8,33 metros