Adif fai oficial a súa renuncia a privatizar a seguridade do AVE Galicia-Madrid
O anterior equipo da empresa pública xa prevía en 2013 anular unha decisión do último goberno socialista pero desligábao do accidente de Angrois e atribuíao á falta de empresas interesadas
Adif desmonta a estratexia de Xunta e PP de culpar a oposición dun novo atraso do AVE
A empresa pública dependente de Fomento emenda aos populares e di que as obras en marcha na liña á Meseta non dependen da aprobación dos orzamentos do Estado. En Marea, PSdeG e BNG lamentan que os conservadores se instalen na "escusa"
O xuíz ve ilegal a xestión dos helicópteros contra incendios da Xunta pero arquiva o caso porque non houbo “capricho”
O máximo responsable forestal nas dúas últimas décadas, Tomás Fernández-Couto, encargou o servizo en 2012 a Inaer “sen contrato” pero o instrutor di que a excepcionalidade dos incendios daquel ano impide o delito de prevaricación que vía a Fiscalía
“O maior descubrimento de arte rupestre das últimas dúas décadas en Galicia”, revelado polos incendios
VÍDEO | O lume deixou á vista en Taboexa (As Neves) petróglifos que avalarían “un novo paradigma” no que o cabalo e non o cervo se consolida como o animal máis representado do sur de Galicia e o norte de Portugal
Adif achega ao xulgado dúas peritaxes para avalar a súa tese de que cumpriu a normativa de riscos en Angrois
Os peritos de parte din que non era precisa a análise integral de riscos do AVE Ourense-Santiago que xuíces e o experto independente da causa botan en falta. Un dos peritos di que un regulamento non foi cumprido como tal senón que as súas esixencias se aplicaron a través doutro procedemento.
O Goberno de Rajoy oculta os seus primeiros voos en avións oficiais tras desvelar os que fixo o ex-ministro Blanco
A Audiencia Nacional obriga a facer públicos os nomes dos viaxeiros pero só desde a entrada en vigor da Lei de Transparencia en decembro de 2014. Hai ano e medio Praza.gal publicou información previa a esa data facilitada polo Ministerio de Fomento de Ana Pastor.
A autovía Santiago-Lugo, cuxo primeiro treito abriu en 1999, non estará rematada ata polo menos 2022
Fomento vén de adxudicar os 16 quilómetros pendentes entre Melide e Arzúa tras anular un concurso previo e primar o aforro sobre as características técnicas, o que rebaixou o custo de 157 a 88 millóns
Nove anos despois de que Feijóo prometese pagar o AVE Ourense-Lugo, Adif inicia a supresión de 36 pasos a nivel
As melloras agora licitadas concéntrase entre Monforte e a capital provincial, en treitos nos que non está previsto construír trazados novos, que carecen de data
Fomento recorta a ampliación da AP-9 en Vigo aos 10 días de inaugurala
As protestas das familias do colexio de Chapela pola proximidade ao centro do novo carril ampliado fai que o ministerio restrinxa a circulación por el
Rajoy inaugura a ampliación da AP-9 por segunda vez en catro días
O presidente do Goberno central e o da Xunta repiten boa parte dos seus discurso nuns actos a poucos quilómetros do lugar de descanso de Rajoy nos que este aproveitou para lanzar mensaxes sobre Catalunya e a caída do paro
A culpa é de quen conduce: así tenta Audasa eximirse das súas propias neglixencias na AP-9
A Xustiza vén rexeitando pretensións da concesionaria de aforrar indemnizacións con argumentos como que as xeadas son imprevistas, que os condutores non usaban luces longas ou que non demostraron que pagaran a peaxe
A Xunta, espectadora na inauguración de Rande que permitirá á AP-9 cobrar máis peaxe
Feijóo evita a transferencia da AP-9 no discurso do acto inaugural, no que os protagonistas da imaxe do día foron Rajoy e Ana Pastor. Os concellos do Morrazo non acudiron ao acto para lembraren que quedan obras sen facer e cuestionaren as peaxes e a seguridade