López Veiga involucra a Feijóo, Ana Pastor e o marido da ministra nun novo conflito localista
A decisión da multinacional Maersk de cambiar o porto de Vigo polo de Marín leva ao presidente do primeiro a pedir o peche do segundo, presidido pola parella da ministra. Os portos dependen de Fomento pero os seus presidentes noméaos a Xunta
Unha construtora do AVE usou traballadores como indefinidos e despediunos como temporais
O TSXG relata en polo menos oito sentenzas como Vías y Construcciones, filial de ACS, tentou aproveitarse do deseño fragmentario, aos anacos, que fixo Adif das obras do AVE á Meseta licitando por separado as vías esquerda e dereita
Portos nega trato de favor a ENCE tras modificar unha lei só para ela
O PP aprobou un cambio legal en 2010 para poder asinar convenios que rebaixasen taxas portuarias a determinadas mercadorías. Cinco anos despois só asinou un único convenio con abeiro naquela modificación legal, o de ENCE en Ribadeo
Feijóo imita a Rajoy e opta por esperar sen definir o seu futuro político
O presidente galego, cun discurso ambiguo sobre a súa candidatura, defende “unha política na que se busque unha grande unión e non dividir en bloques a sociedade”. Rajoy amósase orgulloso de ser pontevedrés na súa primeira visita á súa cidade tras ser declarado non grato, pero obvia ENCE
Rueda substitúe a un dobremente imputado Louzán
No seu primeiro discurso como presidente provincial, Alfonso Rueda apostou por “que volva a presidir a Xunta de Galicia quen a inmensa maioría de todos nós queremos”, en clara referencia a Feijóo.
A Xunta creou postos en oficinas de emprego para cargos do PP e mantívoos baleiros dous anos
Os ex xerentes das suprimidas fundacións comarcais veñen de ser recolocados en oficinas do Servizo Público de Emprego, en postos creados en 2014 aos que desde entón se vetou o acceso a outros traballadores malia recoñecer que era necesario cubrilos
O segundo maior contrato da lexislatura acaba nunha folga de transporte do lixo a Sogama
Os persoal que transporta os residuos de toda Galicia ata Cerceda reclama ser subrogado pola nova adxudicataria. A construtora Copasa levou o contrato, que primou o uso do tren, asociada coa pública Renfe, que di que a construtora ourensá foi a única que llo pediu
Feijóo atribúe á “sociedade de Ribadeo” o convenio á medida de ENCE
Portos di que non bonifica á empresa máis que ao resto, malia que o expresidente do ente informou en 2010 ao Parlamento de que o acordo “supón practicamente reducir á metade as taxas para o tráfico de mercadorías da actualidade”
A Xunta pactou con ENCE un convenio á medida para perdoarlle impostos
EXCLUSIVA Portos rebaixoulle máis da metade a taxa por usar o peirao de Ribadeo co argumento de que senón marcharía ao de Xixón, pero o convenio, ao que tivo acceso Praza, permite a Ence beneficiarse da rebaixa ata 2020, marche, fique ou compaxine ambos portos
Feijóo precisa unha ducia para non fracasar o 20-D
BALANCE DE CAMPAÑA O presidente da Xunta realiza unha maratoniana derradeira xornada de campaña á procura do obxectivo de manter a maioría absoluta de escanos. En Marea aspira a acentuar o seu perfil de alternativa de esquerda en Galicia, o PSdeG, a manterse, e NÓS busca unha representación que recompense a súa traballada campaña.
Rajoy conclúe o seu mitin na Coruña sen referencias á agresión que sufriu
O presidente, sen lentes, dá na Coruña o seu primeiro mitin tras a agresión que sufriu dun mozo en Pontevedra sen que nin el nin os seus compañeiros de acto, incluído Feijóo, digan nada do ataque
Tropezón do PP no instituto de Rajoy
Feijóo, Pastor e Rojo congregan en Pontevedra menos de 300 persoas, boa parte delas cargos públicos, nun mitin no que foron recibidos por protestas contra ENCE. O presidente da Xunta sentencia que as coalicións postelectorais "non son democracia".