Adif privatiza a venda de billetes nas estacións do Barco e A Rúa, que ameazara con pechar
A CGT advirte de que se esas localidades quedan sen persoal propio do xestor ferroviario non haberá ningún responsable da circulación de trens nos 106 quilómetros de vía que separan Monforte e Ponferrada
Varios ministerios discrepan entre si sobre quen debe vixiar os residuos nucleares vertidos fronte a Galicia
Organismos estatais e internacionais seguen a evidenciar que descoñecen se alguén supervisa os bidóns radioactivos da Foxa Atlántica
A Xunta deixa As Pontes varios meses sen un dos seus accesos viarios para que Endesa amplíe a súa central
A eléctrica pagará unha nova estrada a cambio de estenderse sobre o terreo que hoxe ocupa outra, pero a Xunta vai cortar xa a vía vella antes de aprobar sequera o proxecto da nova. O convenio coa empresa deu prioridade á súa obra de ampliación por riba da mobilidade da cidadanía.
"Verne coñeceu Vigo pola estafa dunha empresa que buscaba os galeóns de Rande, as preferentes do século XIX"
ENTREVISTA | O xornalista e divulgador científico Eduardo Rolland, estudoso de Verne, fala sobre o 150 aniversario da chegada literaria a Galicia do Nautilus do capitán Nemo
Fomento anuncia novos cortes de carrís polas obras de Rande inauguradas por Rajoy e Feijóo hai mes e medio
Na noite deste luns, 12 de febreiro, comeza o asfaltado dos taboleiros centrais da ponte e o ministerio di que “se prevé que os traballos finalicen antes da época estival”
Vigo, primeira cidade galega na que o bus parará ás mulleres que o pidan en calquera lugar da ruta durante as noites
A medida implántase no servizo urbano que presta Vitrasa “co fin de incrementar a seguridade das mulleres nos seus desprazamentos nocturnos”
A folga volve paralizar a Xustiza en Galicia e Feijóo centra o debate na suba salarial
Os sindicatos cifran o seguimento do paro no 90%, o que provocou que se suspendesen de novo centos de xuízos e milleiros de trámites. O presidente da Xunta rétaos a amosar datos que contradigan que o incremento ofrecido pola Administración non os situaría por riba da media nas autonomías
Feijóo critica que a reforma electoral de Podemos e Ciudadanos benefíciaos e ao tempo pide outra que prime o PP
O presidente di que as dúas formacións “se reparten os escanos en función do que máis lles beneficia” e reclama que goberne a lista máis votada “dándolle un plus”
A lenta investigación de Angrois: Cinco meses para que unha petición do xulgado chegue a unha axencia europea
O 26 de xuño pasado o xulgado decidiu preguntar varias cuestións técnicas a un organismo comunitario pero tras un erro nun enderezo o escrito non chegou alí ata o 22 de novembro
Feijóo culpa á oposición de "deteriorar" e "incendiar" a sanidade e a xustiza
En Marea, PSdeG e BNG acusan ao presidente de estar mais preocupado polas súas aspiracións en Madrid que por Galicia
Competencia critica que Adif non faga oficial o novo treito do AVE anunciado por Rajoy para 2018
A CNMC censura a Fomento por non facer públicas as súas previsións, como obriga a UE, e di que así “dificilmente as empresas ferroviarias poderán deseñar os seus servizos”, o que supón “incerteza para os usuarios”
Administracións de toda cor amplían concesións a empresas implicadas en casos de corrupción
A lentitude das causas e a presunción de inocencia permiten ás firmas aumentar o negocio, en ocasións por vontade dos gobernos e noutras sen que estes poidan impedilo, ata o punto de que en Compostela a xustiza obrigou a adxudicar o servizo da grúa á empresa central do caso Pokémon