O equilibrio esquerda-dereita non se movería no Parlamento de Galicia
PP e Ciudadanos sumarían os mesmos deputados que teñen actualmente os populares en solitario, 41 de 75, e permitirían a Feijóo renovar en outono a presidencia da Xunta co seu propio bipartito.
Feijóo e Baltar danlle ao PP 2 dos 14 deputados que recupera en toda España
A campaña do presidente galego, salientando a súa labor de goberno máis que a de Rajoy, coa vista posta nas autonómicas, e apelando á volta ao PP dos votantes que marcharan a Ciudadanos lévao a acadar agora o seu obxectivo de decembro: maioría absoluta de escanos.
Unha campaña a medio gas entre ensaios para as eleccións galegas
As mensaxes dos actos de peche puxéronlle o ferrollo a unha carreira electoral de cuxa existencia custou atopar probas en moitas rúas galegas e que, ao mesmo tempo, foi todo un ensaio xeral para a non menos transcendental cita coas urnas no outono.
Feijóo avala substituír avións contra incendios por máis horas de helicópteros de Inaer
O Consello de Contas atopou hai ano e medio irregularidades en todos os contratos que analizou entre a Xunta e a empresa, unha das dúas ás que o Goberno galego adxudicou a base de drons de Rozas.
O BNG gaba o traballo da súa militancia na rúa fronte “aos partidos da 'telecracia'”
Os nacionalistas fan balance da campaña insistindo en que “haberá sorpresa” e que o seu obxectivo é “estar no Congreso”.
Feijóo: “Pídolles aos que nos votaron en 2011 que esquezan os nosos erros”
O presidente acentúa en Vigo o discurso da ruptura de España sobre o do medo á revolución, pide os electores que escollan o PP por eliminación dos outros e apela aos que hai catro anos votaron o PSOE. Nun paseo por Santiago recibe apupos contra a corrupción.
“Os mellores alcaldes foron Tierno, Maragall e Paco Vázquez; eu son mellor que Paco”
ENTREVISTA Abel Caballero logrou hai un ano en Vigo a maioría absoluta máis grande de todas as cidades de España. Presidente da FEMP, asegura que "a lexitimación de toda a política en España estámola dando algúns alcaldes, non todos". Preguntas sobre Feijóo, as mareas, a súa relación co PSdeG, o novo hospital de Vigo ou as deputacións obteñen del respostas sempre categóricas.
Galicia no 26X: Candidaturas ao Congreso coa vista posta no Hórreo
PP, En Marea, PSdeG e Ciudadanos aspiran a revalidar ou aumentar a súa representación polas circunscricións galegas e o BNG, a recuperala nuns comicios que son, en boa medida, campo de probas para as transcendentais eleccións galegas do outono.
O Goberno frea que a UE divulgue antes das xerais o seu informe sobre Angrois
A Axencia Ferroviaria Europea dille ás vítimas que antes debe estudar “unha última alegación legal de España”.
O ministro de Sanidade gaba a Feijóo por “gastar o que se tiña que gastar, non máis”
O presidente galego obvia as cuestións sanitarias e os dous cargan contra os gobernos locais de Santiago e Vitoria por non arranxar as fochancas e non cortar o céspede.
De Karina Falagan a Sáenz de Santamaría: Samil como termómetro dos populares
A vicepresidenta pide un “goberno moderado fronte a un goberno morado” e, tras un acelerado paseo pola praia viguesa, senta no chiringuito -agora aséptico 'lounge'- que rexentara a finada estridente musa do primeiro fraguismo
Rajoy volverá propor un goberno co PSOE se os resultados das xerais son similares aos anteriores
Feijóo fai que o presidente en funcións se comprometa ante o sector a ter en conta a dispersión poboacional nun novo financiamento dos servizos sociais e recolla a súa proposta dun fondo demográfico que loite contra o envellecemento