A viaxe a ningures: ‘Las altas presiones’ e o audiovisual galego
Ángel Santos demostra un dominio absoluto das emocións, sabe como transmitilas e cando facelo, por iso Las altas presiones é tan complexa e á vez tan directa. Por iso estamos ante o último achado do novo cinema galego e por iso, ante unha película desta dimensión, só podemos celebrala e reivindicala.
Ola! É o inimigo?: “Negociador”
O director e guionista leva anos quitándolle ferro ao asunto vasco desde os pioneiros sketches de Vaya semanita ata o último gran éxito do cine español 8 apellidos vascos, onde asina o guión. Con todo, en Negociador dá un necesario paso máis ao mostrar as conversas de Eguiguren, Ternera e Thierry
Da Apocalipse á Xénese: 'Kreuzweg', 'Marie Heurtin' e 'The salt of the earth'
O arranque desta vixésimo oitava edición de Cineuropa foi tan potente en canto a calidade cinematográfica, que se viu reflectida nas enormes ringleiras do despacho e os primeiros pases con entradas esgotadas. Uns primeiros días na que a relixión estivo moi presente dunha forma ou outra.
Tres compases para orientarse en Cineuropa
Xa está aquí. Cineuropa acode á súa cita do outono con Compostela para saciar a sede de cine de todo aquel que se achegue a calquera das salas de proxección. Propoñemos tres compases que axuden a orientarnos: o compás dos festivais, o compás dos grandes autores e o compás penínsular. Tres ducias de películas que responden a distintos criterios mesturando a diversidade que encontramos en cada unha das seccións de Cineuropa.
Curtocircuíto 2014: O final é o principio
O ditame do xurado pecha unha edición de Curtocircuíto que termina coa vista posta na seguinte. Un final que en realidade é un principio prometedor.
Curtocircuíto: Curtas para chegar máis lonxe.
Este luns comeza o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago. Cunha década de experiencia ás súas costas, a nova dirección puido neste 2014 deseñar con tempo todos os elementos que definen a nova xeira do certame.
Cineuropa, o festival iluso
Como Los ilusos, Cineuropa tamén se fai a si mesma, proxectando películas e convidando a que o espectador dialogue con elas para atopar o seu camiño. Un festival entre tempos, un festival soñador, un festival iluso.
A(s) familia(s): Tots volem el millor per a ella, The unspeakable act e Tokyo Family
Nalgúns contextos, resulta unha tarefa complicada establecer un debate aberto sobre a familia sen que certos sectores traten de impor o seu modelo “tradicional”. A pasada semana en Cineuropa proxectáronse tres longametraxes que serven ao caso.
Tom à la ferme: Aos ombreiros de xigantes
Xavier Dolan volve a Cineuropa co seu cuarto filme, un exercicio cheo de enerxía, sensualidade e terror que foxe da adscrición a calquera xénero.
Mapa sobre a dor: La herida, Child’s pose e The act of Killing.
Unha das virtudes de Cineuropa é que a súa concepción como “festival colector” permítelle reunir multitude de propostas sen prexuízos temáticos ou estéticos. Esta condición ten un beneficio evidente para o público porque amplía a súa mirada de maneira proporcional aos estímulos das películas. Neste arranque da cita compostelá atopamos tres películas sen ningún punto en común que, con todo, dialogan co espectador creando un gran mapa conceptual.
Jeune et Jolie: Un non é serio cando ten dezasete anos
A vixésimo sétima edición de Cineuropa comeza coa última película do prolífico François Ozon, Jeune et Jolie (2013). O crítico Gonzalo Ballesteros debúllaa no blog de cinema de Praza Pública