A quinta reunión de Sánchez e Iglesias constata a ruptura de PSOE e Unidas Podemos e achega a posibilidade de novas eleccións
Os socialistas critican a falta de resposta á súa proposta programática e os seus interlocutores din que o presidente quere ir directamente a novos comicios o 10 de novembro se fracasa a investidura
Miles de persoas claman en Madrid pola liberdade dos presos independentistas cataláns e a autodeterminación
Unha marea de bandeiras catalás asolagou o centro de Madrid para clamar contra o xuízo do procés e a prol da autodeterminación catalá. Dende Galicia o BNG, Anova e colectivos como Mar de Lumes e Galiza con Catalunya secundaron a protesta
O fracaso parlamentario dos Orzamentos do Estado aboca a Pedro Sánchez a un adianto electoral
Sánchez sinalará a Casado e Rivera votando o mesmo que os independentistas e viceversa, advertindo do risco de que se repita en España o acordo de PP e Ciudadanos coa extrema dereita para gobernar. O resultado trae consigo tamén lectura galega sobre as tensións de En Marea
O Goberno central indulta a Carlos e Serafín oito anos despois de seren condenados
O BOE publica que o Consello de Ministros aprobou o indulto que fora denegado polo Executivo de Rajoy para evitar o ingreso na cadea dos dous sindicalistas galegos, condenados a tres anos en 2011 tras a súa participación nun piquete informativo nunha folga de transnporte en 2011
O Goberno de Sánchez aproba en Barcelona a suba do salario mínimo e defende os "froitos" do diálogo
Tras se reunir con Torra nun clima cordial, o Executivo do PSOE reservou para a xuntanza en Barcelona, desenvolvida entre numerosas manifestacións de colectivos independentistas, medidas de impacto social como subir o SMI a 900 euros
Todas as mensaxes de PP e Ciudadanos para branquear a ultradereita de Vox
VÍDEO | Os dous partidos pasaron de obviar a formación ultradereitista a asumir algunhas das súas propostas cando as enquisas prognosticaron a súa entrada no parlamento andaluz. Ambos os dous están dispostos a pactar cos ultras para botar o PSOE do poder.
Defensa constata o freo do Goberno do PP ás fragatas en Ferrol pero non aclara se o levará á Fiscalía
En Marea denuncia no Congreso a "corrupción do Estado" e o atraso que supuxo "milleiros de despedimentos" nos estaleiros galegos e pide ao Executivo que o leve a Anticorrupción. A ministra Robles detalla o adiamento pero evita aclarar se tomará medidas.
- Gonzalo Caballero esixe "explicacións" a Feijóo e o BNG levará o "atraso deliberado" ao pleno do Parlamento
- A oposición sinala a Feijóo e a Rajoy pola "corrupción institucional"
- O Goberno do PP freou a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés
Pedro Sánchez anuncia un decreto para que o imposto das hipotecas o pague a banca
A fórmula pola que opta o Goberno de España tras a viraxe do Supremo é un decreto para modificar a lei que regula o imposto e Sánchez di "esperar" que os bancos non repercutan o tributo na clientela cando estean obrigados a pagar. Pide, ao tempo, que o alto tribunal "reflexione"
A reforma do voto emigrante abre a porta a 450.000 sufraxios en Galicia sen control previo de identidade
O Goberno de Sánchez trasladou xa ao Congreso a súa proposta contra o voto rogado, que prevé que os inscritos no censo de residentes ausentes reciban a documentación e escriban o partido elixido nunha papeleta para logo enviala por correo ou votar con ela no consulado.
O Goberno central pretende eliminar o voto rogado antes das eleccións de maio
Pedro Sánchez pide aos grupos políticos suprimilo antes dos comicios locais, autonómicos e europeos do vindeiro ano e comprométese na xira lationamericana a apoiar a mudanza do sistema impulsado por PP e PSOE hai sete anos.
Ana Pastor urxe agora aos grupos do Congreso a constituír a comisión de investigación de Angrois
Os partidos non se poñen de acordo en quen presidirá a comisión, á que lle falta un membro, pero En Marea salienta que outras comezaron sen que todos os grupos designasen os seus representantes
A comisión de investigación de Angrois leva catro meses bloqueada no Congreso
A creación aprobouse a finais de setembro logo do cambio de criterio do PSOE, pero aínda non se constituíu. Fontes parlamentarias atribúen o atraso á falta de acordo para elixir quen preside a comisión de investigación do sinistro do Alvia.