O Senado dá vía libre ao Goberno para intervir Catalunya con 214 votos a favor e 47 en contra
O Goberno acepta a petición do PSOE de que o control dos medios públicos cataláns se manteña no Parlament
As mareas galegas reivindican o dereito a votar o 1-O nun acto cercado por ultras
Villares, Díaz e os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol defenden o dereito a decidir e que a cidadanía catalá poida expresarse na consulta prevista. Colau e Iglesias apelan ao PSOE para que non faga "fronte común" co PP nun cónclave rodeado por 300 ultradereitistas
O PP queda só e a Mesa do Congreso acepta tramitar a investigación sobre Angrois tras parala unha semana
Ana Pastor, ministra cando ocorreu o accidente, pedira un informe xurídico que agora di que non hai obstáculo para volver a debater a petición de PSOE e En Marea aínda que xa se analizase antes
O PSOE cambia de criterio e pedirá unha investigación no Congreso sobre o accidente do Alvia
Despois de tres anos de negativas, a chegada de Pedro Sánchez impulsaría unha proposta que obrigaría a José Blanco e a Ana Pastor a dar explicacións na camara
Sánchez supera en Galicia nun milleiro de avais a Díaz, a quen dobra na Coruña e Lugo
A verificación dos apoios mantén a curta distancia entre os dous principais aspirantes a liderar o PSOE. A dirixente andaluza supera o ex-secretario xeral por pouco máis de 6.000 sinaturas en todo o Estado, pero apaña menos sinaturas en numerosas autonomías e en todas as provincias galegas.
A xestora do PSOE castiga a deputada galega De Frutos e retíralle unha portavocía
A dirección provisional socialista salva os portavoces do PSC pero non a Zaida Cantera nin a galega, penalizadas por votar 'non' a Rajoy e ser afíns a Pedro Sánchez. Meritxell Batet e Sofía Hernanz saen da dirección do grupo e Margarita Robles mantén a presidencia da Comisión de Xustiza.
O PSOE aproba unha abstención sen condicións na investidura de Rajoy
A proposta da abstención, defendida por Elena Valenciano, imponse á de quen apostaban por manter o "non" por 139 votos a 96
O PSOE vira cara a Ciudadanos o eixo das súas negociacións
Os socialistas enviarán un documento base aos demais grupos este luns para empezar a traballar sobre puntos de encontro. Os equipos negociadores de ambas formacións xa mantiveron unha reunión mentres o PSOE mantén xuntanzas con outros partidos ás que espera que se una Podemos
Fontdevila: "Están blindados ante os xuíces, como non o van estar ante un chiste?"
O autor do cadriño da portada censurada por El Jueves sobre a abdicación do rei non entende por que se tomou a decisións e atribúea ás relacións políticas da empresa editora. "Xa tiven dous premios Príncipe de Asturias, expresa en relación ao secuestro dunha edición da publicación en 2007". O autor abandona a revista porque "baixar os pantalóns con isto paréceme unha falta de respecto con quen me apoiaron e co que dixen polo secuestro da outra portada".
As coincidencias dos papeis de Bárcenas que o PPdeG (e o PP) non poden negar
Varios informes de institucións do Estado e testemuños de dirixentes do partido avalan a veracidade da contabilidade paralela revelada polo ex tesoureiro. Dous dos casos refírense a supostos cobros ou pagos en negro relacionados co PP galego.
Dez incumprimentos electorais de Mariano Rajoy
Este 20 de novembro fanse dous anos dende que o PP gañou as eleccións xerais con maioría absoluta. Os conservadores incumpriron as súas promesas de non subir impostos, non recortar as pensións nin os servizos públicos.
Manuel Rivas: "A sentenza deixa sabor a inxustiza, pero temos que seguir loitando"
O escritor foi un dos rostros máis coñecidos de Nunca Máis. Considera que a sentenza do Prestige supón un "peche en falso" e lamenta que non sexa "exemplarizante" para saír da "prehistoria" na que viven a política e a xustiza ambientais