Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena (Montevideo, 1980). Tras ter traballado en Vieiros.com e outros medios, en 2012 formou parte do equipo que puxo en marcha Praza. Doutor en Xornalismo pola USC, analizou na súa investigación o papel da prensa en Galicia durante a Transición.

  • Xorde unha Alianza polo Medio Rural

    Este venres e sábado celébranse en Pontevedra as Xornadas por un Medio Rural Galego Vivo, que analizarán a súa situación dende distintas perspectivas: reforma da PAC, as políticas de emprego do rural, as políticas ambientais ou a xestión dos montes comunais. Ademais, constituirase unha Alianza de traballo entre ADEGA, CIG, FRUGA e as comunidades de montes.

  • "A xente quere que o galego volva aos quioscos"

    O semanario Sermos Galiza comezará a funcionar o vindeiro xoves 26 na rede e publicará o seu primeiro número en papel ao redor do 17 de maio. A súa redacción, formada por cinco xornalistas, afirma que a cabeceira "ten a vontade de sumar esforzos e de converterse tamén en rede de colectivos e persoas. Queremos ser o seu altofalante”

  • "Esta crise é unha máquina de triturar gobernos"

    César Calderón vén de presentar Otro Gobierno, un libro que analiza as razóns do progresivo afastamento dos cidadáns das propostas dos partidos de esquerda, para a que propón unha nova axenda política. Calderón é consultor e desenvolve estratexias de Open Government para a construción de administracións máis abertas e nas que os cidadáns poidan participar directamente.

  • Para os antitaurinos o Concello "quere lavar as mans" e esíxenlle que aclare se vai seguir cedendo gratis o Coliseo

    O goberno municipal da Coruña anunciou este mércores que deixaría de financiar os festexos taurinos coa subvención directa de 130 mil euros que entrega anualmente. Porén, os colectivos opostos a este espectáculo piden que deixe de cederlle de balde o recinto do Coliseo, unha subvención indirecta de 120 mil euros. O Concello da Coruña gastou case un millón e medio de euros nas touradas na última década.

  • Matar as abellas para salvar os eucaliptos?

    Xunta e ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón) queren fumigar as plantacións de eucalipto contra o gorgullo cun pesticida nocivo para as abellas, o fluxfenuron, que acaba de ser excluído da lista de produtos fitosanitarios autorizados pola Comisión Europea

  • Dylan chega a Galicia sen música

    As Xornadas Literarias do Concello de Neda, organizadas conxuntamente coa Facultade de Humanidades de Ferrol, estudan durante tres días unha figura da literatura universal, de Joyce a Virginia Wolf ou Kafka. Nesta ocasión, o protagonista será a poesía de Bob Dylan, que será analizada por Manuel Candelas (Universidade de Vigo), Vicente Araguas, que publicará este ano unha escolma de cancións de Dylan traducidas ao galego, César Candelas, ou o ex conselleiro de Cultura, Roberto Varela, recoñecido dylaniano.

  • Blanco Amor xa fala inglés

    Este domingo preséntase en Ourense a tradución d'A Esmorga, a novela máis popular do escritor, co título de On a bender. O libro, editado pola editorial galesa Planet, foi adaptado por Craig Patterson, cumprindo a encomenda realizada pola Deputación de Ourense e o Pen Clube, coa colaboración da Editorial Galaxia. Esta edición ten a particularidade, ademais, de que é a primeira que presenta o texto orixinal da obra, cos fragmentos eliminados pola censura.