"A política de estranxeiría é unha reforma laboral encuberta que precarizou as condicións de traballo"
Eduardo Romero presenta esta semana en Galicia (en Compostela, Ourense, A Coruña e Ferrol) o libro ¿Qué hacemos con las fronteras? (Akal), do que é coautor. Analiza as migracións como parte do proceso de acumulación capitalista que baleira uns territorios e enche outros
Só o 10% das persoas migrantes privadas de atención sanitaria se benefician do "parche" da Xunta
Foro Galego de Inmigración, SOS Sanidade pública, Médicos do Mundo, Amnistía Internacional e a Asociación Galega de Medicina Familiar denunciaron este martes en San Caetano "as vulneracións no acceso á asistencia sanitaria das persoas migrantes" e a ineficacia do programa alternativo do Goberno galego.
"Cando tes a humildade e a forza de caer e volver levantarte, todo é posible"
Unha delegación de Pallasos en Rebeldía, encabezada con Iván Prado, pasou as últimas semanas nos campos de refuxiados do Sahara, participando no festival de cinema FiSahara, e nos campos de refuxiados palestinos do sur do Líbano, que acollerán o Festiclown 2014.
O Concello da Coruña, a voltas cos 'perigos de Internet'
Convoca, no marco do Programa de Prevención de Drogodependencias o concurso de banda deseñada Que no te atrape la red para alertar "dos riscos asociados ao uso non axeitado de Internet e das redes sociais". O mes pasado Xunta e Valedor publicaron o cómic Os perigos de Internet, co mesmo fin.
O futuro do monte comunal de Cabral votarase o 10 de novembro
Ese día os comuneiros votarán, de forma segreda e en urna, se aceptan a proposta da multinacional Eurofund para facerse cos terreos e construír alí o macrocentro comercial Porto Cabral.
A Roda de Barreiros: Patrimonio en perigo
Cultura do País, ADEGA e Mariñapatrimonio denuncian o "estado de abandono" e a ausencia de medidas de protección deste "enigmático xacemento", situado a carón da A-8
"Un deseño galego autóctono non é unha camiseta coa cara popeira de Rosalía"
Pancho Lapeña ofreceu outra das charlas que compoñen o Foro de Edición e Deseño que organiza a Asociación Galega de Deseñadores este venres e sábado en Compostela. Critica que "o deseño en Galicia sempre olla cara a fóra, e os intentos de ollar cara si non pasan dun verniz folclorico mediocre"
Unha volta ao mundo das que xa non se fan
O neurobiólogo Xurxo Mariño e a avogada Elisa Couto comezaron hai dous días unha viaxe que nos vindeiros meses os levará polos cinco continentes, e que se pode seguir con actualizacións case diarias no seu blog Vagamundeando.
"Ás veces tes que explicar que o que fas é froito de horas de traballo, non dunha idea feliz"
Este venres e sábado celébrase en Compostela o Foro de Edición e Deseño, organizado pola Asociación Galega de Deseñadores. Unha das charlas será responsabilidade do estudio Cenlitrospormetrocadrado, que leva aos seus obxectos e creacións o deseño atlántico.
"No rural estamos a asistir a un abandono do estado de benestar"
Falamos con Tamara Rubiños, do colectivo cultural Ollomao, responsable da Universidade Rural de Barreiros, que comezará a súa actividade este 28 de outubro. Destaca que a iniciativa facilita o acceso ao coñecemento "independentemente de onde se resida ou dos estudos que un teña ou non teña feito".
María Reimóndez: "Hai moita xente que viaxa pero nunca cambia o punto de partida"
María Reimóndez volve publicar poesía e faino por triplicado. Presenta en Compostela (Libraría Lila de Lilith, ás 20 horas) Presente continuo (Xerais), kleinigkeiten/cousiñas (Fabulatorio) e Moda galega reloaded (Positivas)
"Máis aló de Lampedusa, a exclusión de dereitos é unha fronteira invisible"
A vindeira semana unha serie de colectivos sociais organizan a Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, con actos en Vigo, Compostela, Ourense, A Coruña e Ferrol. Falamos con Mari Fidalgo, do Foro Galego da Inmigración. Audios no interior