O sector das artes escénicas manifestarase o día 27 contra os recortes
Os traballadores e traballadoras do teatro, a danza e o circo en Galicia chaman a unha mobilización en Compostela, coincidindo co Día Mundial do Teatro. Reivindican o dereito da cidadanía á cultura, e a dignificación do seu traballo, nun sector que emprega máis de dúas mil persoas no noso país.
Denuncian que a USC organiza cursos de "pseudociencias", coma a auriculoterapia
O Máster de Acupuntura e Moxibustión, organizado polo Departamento de Fisioloxía da Facultade de Medicina, inclúe cursos de Auriculoterapia, Acupuntura para o tratamento da dor e teoría básica da medicina tradicional chinesa.
"A cidadanía debe tomar en serio o seu propio poder. Está asumindo a situación con fatalidade, en lugar de rebelarse"
O poeta e profesor universitario granadino Luís García Montero ofreceu un recital no encontro literario Coruña Mayúscula, organizado na cidade herculina co gallo do Día Mundial da Poesía. Audio no interior.
Novas da Galiza, dez anos de xornalismo libre
O xornal soberanista, que chega cada mes a máis de 800 subscritores, celebra a súa primeira década de traballo cunha festa no Avante de Santiago de Compostela e coa vista posta no futuro: seguir crecendo, seguir mellorando, co obxectivo de se converter en semanario e profesionalizar a súa redacción. Falamos co seu director, Carlos Barros.
"Un país non pode vivir sen aldeas"
O 30 de marzo estréase Vilamor, primeiro nas salas de Lugo, Ribadeo, Monforte, A Rúa e O Barco, e nas semanas seguintes por toda Galicia. O novo filme de Ignacio Vilar conta a historia das comunas hippies que nos anos setenta se instalaron na Montaña lucense. E cóntao en galego, o que non debería ser noticia, pero aínda o é.
"A perda do Sónar sitúanos na realidade das cousas: o underground e o traballo de base, nada novo"
Dialogamos con Isaac González, José Antonio Sanjurjo ou Colectivo Oruga sobre a situación da música electrónicas en Galicia: As tendencias, os grupos, os espazos e o fito que supuxo a organización en dúas ocasións do Sónar que non repetirá.
"É fundamental acabar cunha certa idea machista do rock&roll"
2012 pode ser o ano de Telephones Rouges. Despois de anos de maquetas, eps, concursos, concertos e participación en discos colectivos, en outono publicarán o seu primeiro LP. Dende O Grove e facendo ruído.
"Cando protagonizas os cambios saes beneficiado, cando te deixas levar por eles, arrástrante"
2011 foi un ano prolífico para Fran Alonso: Unha década despois de Males de Cabeza, regresou á narrativa para adultos con Ninguén. Tamén editou poesía: O meu gato é poeta e Transición. E unha compilación de entrevistas, Contesta ou Disparo, que distribuíu en formato dixital. E aínda ten pendente Poemario, que publicará nos vindeiros meses. Falamos con el de literatura, de edición, das novas tecnoloxías, de política e mesmo sobre Vigo. Audios no interior.
Aymerich: "O PP xa está facendo simulacións sobre o que significaría unha división do voto nacionalista"
Cinco días despois de que Máis Galiza decidise abandonar o BNG, o que fora o seu líder, Carlos Aymerich, que apostou por permanecer na fronte, falou na Coruña sobre O futuro da esquerda.
"Sentímonos uns cabezas de turco. Isto é unha persecución para que sexamos submisos"
Os mariñeiros ferroláns acusados de "desordes públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves" por deter en maio de 2007 os gaseiros que se dirixían a Reganosa terán o xoves 22 a primeira sesión do seu xuízo. Din que non se arrepinten: “A razón está da nosa parte, deberíamos ternos mobilizado máis, máis e máis xente”.
"Estamos pagando o gas máis caro para encherlles os petos a algúns, para compensar o déficit de Reganosa"
Manuel Rodríguez Carballeira, Lalán, coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, denuncia que case cinco anos despois da entrada en funcionamento de Reganosa, "demostrouse que é unha instalación ilegal e perigosa, ademais de deficitaria e innecesaria". Así mesmo, denuncia a "complicidade entre a empresa e a administración" e chama a atención sobre o xuízo contra un grupo de nove mariscadores, acusados de deter o Galicia Spirit en 2007, e que comezará a semana que vén: "A idea é botar os mariscadores da ría". Vídeo no interior.
Nemesio Barxa: "A acusación contra os oito mariñeiros é unha acción premeditada das forzas da orde e do propio xulgado”
O avogado ourensán defende seis dos oito mariscadores que a semana que vén serán xulgados por impedir a entrada dos dous primeiros gaseiros que pretendían deixar a súa carga en Reganosa, en maio de 2007. A pesar de que na acción participaron ducias de barcos e de que ao redor de 300 persoas se autoinculparon dos feitos, a Fiscalía concentrou as acusacións en nove persoas. Audio e galería de imaxes no interior.