Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena

Marcos Pérez Pena (Montevideo, 1980). Tras ter traballado en Vieiros.com e outros medios, en 2012 formou parte do equipo que puxo en marcha Praza. Doutor en Xornalismo pola USC, analizou na súa investigación o papel da prensa en Galicia durante a Transición.

  • "Contra a desesperanza, resistencia"

    A gala dos María Casares deixou críticas á xestión cultural do Goberno galego, chanzas sobre o Gaiás, moitos gañadores individuais: Marta Pazos Ánxeles Cuña ou os responsables de Nuncabunga, e un colectivo: o teatro. E unha chamada a seguir loitando: "non nos deixemos avasallar por este ataque de mediocridade". Audios no interior.

  • Dez cousas que deberías saber sobre Fiare

    Fiare está a piques de se converter nunha entidade de banca ética. Será a finais de ano, pero as persoas que o desexen xa se poden converter en socias ou clientes axudando a acelerar e fortalecer un proceso moi agardado. 

  • AGE ante os seus retos

    Cinco meses despois do seu éxito electoral e coa experiencia do traballo parlamentario, a coalición terá que enfrontar varias tarefas nos vindeiros meses: afortalar a converxencia entre as forzas que a compoñen e facer visible a existencia dun proxecto alternativo. No camiño, as asembleas de Anova e Esquerda Unida.

  • Que se agocha detrás de FEXUGA?

    A entidade que impulsa a candidatura para que A Coruña sexa Capital Europea da Xuventude 2016 está composta por 32 asociacións cunha actividade escasa ou nula e moitas delas vinculadas ao Partido Popular. Estes colectivos, ademais, foron moi beneficiados no reparto de subvencións nos últimos anos.

  • A potencia da 'Xeración Xabarín'

    Case vinte anos despois do inicio do Xabarín Club segue existindo entre varias xeracións de mozas e mozos un sentimento de identificación cun programa de televisión que era moito máis ca iso. A súa pegada na normalización da lingua, na música ou na banda deseñada galegas mantense. 

  • FIARE dá os últimos pasos para operar como banco

    Este sábado celebra en Rivas Vaciamadrid a súa asemblea anual, onde os seus socios ratificarán o proceso de integración coa súa homóloga Banca Popolare Etica e aprobarán o inicio da actividade bancaria. A finais de ano terá un funcionamento normal como banca ética.