Quen é máis responsable na xestión dunha crise como a de València e cales son os tres niveis de emerxencia
A lexislación vixente establece que a comunidade autónoma é a competente en materia de emerxencias. Só na emerxencia de nivel tres, que declara o ministerio do Interior motu proprio ou a petición da autonomía, a dirección do operativo pasa ao Goberno de España
Gaza, dez meses despois: o xenocidio segue sen que ninguén deteña a Israel
O país hebreo non logrou ningún dos obxectivos que se marcou tras o inicio dos ataques: nin o regreso de todos os reféns nin a destrución de Hamas nin acabar coa "ameaza" de Gaza
PSOE e PP pactan a renovación do Poder Xudicial tras cinco anos e medio caducado
O PP non logra o cambio no sistema de elección "para que os xuíces elixan os xuíces", como reclamaba, e só se traslada o compromiso de debatelo no futuro
"Se non é por humanidade, fágano por economía": claves da regularización de migrantes que bota a andar no Congreso
O Congreso aproba por ampla maioría absoluta o primeiro trámite da iniciativa lexislativa popular para regularizar a situación administrativa de arredor de medio millón de persoas migrantes. As entidades promotoras da regularización, dende entidades que traballan con migrantes a organizacións feministas ou a Igrexa, deféndena pola situación de "vulnerabilidade e desprotección" das persoas en situación irregular, pero tamén destacan os beneficios que obtería o Estado
Diseccionando o CNI: das súas orixes franquistas á súa escasa transparencia e limitado control
É un dos organismos máis herméticos e opacos do Estado: "Ás veces parece que sexamos o arquivo secreto do Vaticano", ironiza un ex-alto cargo de Defensa. Voces expertas dubidan de que poida chegar a haber unha investigación interna sobre a actividade do Centro en accións coma o uso de Pegasus, dados os escasos controis cos que conta acotío por parte do Congreso ou do propio Executivo en cuxo organigrama se encadra