A CIG denuncia que as privatizacións no INSS provocan erros e vulneran a confidencialidade dos datos
Segundo o sindicato, moitos ourensáns están recibindo avisos de débedas coa Seguridade Social que corresponden a outras persoas e culpan á empresa Key S.A., encargada do servizo de correos desta administración.
CIG, CC.OO. e UGT anticipan o prometido 'outono quente'
Os tres sindicatos realizaron concentracións conxuntas esta mañá, coincidindo co Consello de Ministros e en protesta polos recortes aprobados polo Goberno de Rajoy que as centrais cualifican de "saqueo". Están xa convocadas mobilizacións todas as semanas de setembro, en previsión de novas medidas de axuste e coas eleccións do 21-O e unha posible folga xeral no horizonte.
Angola elixe presidente, entre o crecemento económico e as acusacións de fraude
Todo indica que acadará a vitoria o actual presidente José Eduardo dos Santos, do MPLA, cualificado por The Guardian como "o autocrata africano que o mundo menos coñece". A UNITA, que en 2008 obtivo o 10% dos votos, denuncia irregularidades. Angola leva unha década de forte crecemento económico grazas ás exportacións de petróleo, porén neste tempo as desigualdades sociais non fixeron máis que aumentar.
Así será o 'banco malo': a maior inmobiliaria do país
Asumirá 180.000 millóns de euros en activos tóxicos e créditos impagados, e converterase en propietario de 200.000 vivendas novas baleiras. Os prezos dos inmobles baixarán, sobre todo naqueles lugares (a costa mediterránea, nomeadamente) nos que a burbulla inmobiliaria foi maior.
O PSdeG denuncia que Barreiro e Balseiro son "os políticos máis caros de Galicia"
Os socialistas salientan que o senador e o deputado cobran máis de oito mil euros todos os meses.
Compromiso ofrécelle a Anova unha coalición electoral
Xoán Bascuas detallou a oferta, "xenuinamente galega", baseada "na defensa do autogoberno, do Estado de benestar e da democracia” e cuxos candidatos se elixirían en primarias abertas.
Obxectivo: que a oposición á incineradora do Irixo sexa un dos temas das eleccións
Representantes das plataformas do Deza, do Carballiño e do Irixo realizaron este xoves un acto simbólico para relanzar a súa campaña, procurando introducir o tema no debate politico de cará aos comicios de outubro e como impulso á recollida de sinaturas para a presentación dunha ILP que promove o cambio no modelo de xestión de residuos.
Os afectados polas preferentes serán un factor clave na campaña electoral
Este xoves volveron concentrarse diante das oficinas de NGB, desta vez na Coruña, e advirten que se "farán ver" nos actos políticos previos aos comicios do 21 de outubro, sobre todo os do PP. Un dos berros máis repetidos foi "Feijoo, o teu voto xa voou".
Inditex é expulsada do pacto contra o traballo escravo no Brasil
A multinacional galega pedía a inconstitucionalidade dunha lista negra de proveedores elaborada polo Goberno brasileiro, que o pasado ano xa investigara a empresa por 52 casos de infracción das normativas laborais brasileiras.
Anova decidirá este domingo como participará nas eleccións
A Permanente da formación decidiu a convocatoria da súa Coordinadora Nacional, que se celebrará en Santiago. Previamente, dende o xoves até o sábado, haberá asembleas locais e comarcais.
Cuac FM completou os trámites para optar ao concurso de licenzas
A emisora comunitaria presentará publicamente este xoves ao mediodía o recurso que interporá contra a convocatoria, que exclúe as radios non comerciais. Pola tarde organiza unha xornada de portas abertas para que a cidadanía coñeza mellor o seu traballo e os servizos que ofrece.
Un informe de UGT defende a viabilidade do AVE entre Galicia e Madrid
O sindicato calcula que se o tren capta o 50% dos viaxeiros que hoxe collen o avión para ir ou volver dende a capital do Estado, máis unha parte dos que hoxe o fan en autobús ou coche a liña de alta velocidade rozaría os tres millóns de pasaxeiros anuais.