Luces e sombras na xornada dos equipos galegos
Mentres Deportivo e Celta ocupan con folgura os postos de ascenso a Primeira División grazas ás súas vitorias, o resto da xornada foi dispar para os equipos galegos. Vitoria de Breogán e derrotas de Leyma Coruña e Sousas Ourense en baloncesto. Derrotas de Academia Octavio e Teucro e empate do Cangas em balonmán.
CC.OO. e UGT quentan a folga xeral: Milleiros de persoas enchen as rúas galegas
Os sindicatos cifran en 150 mil os asistentes ás marchas convocadas en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo contra a reforma laboral. Galería no interior.
O rexeitamento á reforma laboral protagoniza o Día da Clase Obreira Galega
Milleiros de persoas lembraron este sábado a Amador Niebla e Daniel Rey, traballadores do naval asasinados pola policía franquista, nos actos convocados pola CIG e CC.OO. Galería de imaxes no interior
A Mocidade Nacionalista Galega decide abandonar Galiza Nova
O 92% da asemblea nacional do referente xuvenil de Máis Galiza opta por deixar a organización de mocidade do BNG. No caso de que +G opte pola permanencia na fronte, "revisarán" o seu "protocolo de relación coa corrente.
'Non hai noite tan longa', de Agustín Fernández Paz, mellor libro galego do ano
Os premios da Asociación Galega de Editores recoñeceron tamén a Poesía Completa de Lois Pereiro e Xa me tardan eses magos, de Mamá Cabra, e situaron Obra Gráfica de Conde Corbal, editado por Nova Galicia Edicións, como o mellor libro de non ficción. Así mesmo, Xavier Queipo recibiu o premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor autor do ano.
Catro semifinalistas galegos no Proyecto Demo de Radio3
Dirty Socks, Músculo!, Raposo e Trajano! son catro dos trinta grupos candidatos a gañar o certame organizado pola emisora musical. Até o 19 de marzo o público poderá votar para escoller un dos tres finalistas.
Para non perderse: quen é quen no caso 'Campeón'?
A presunta trama corrupta de "tráfico de influencias" e "blanqueo de capitais" implica xa a case corenta persoas e ten supostamente no seu centro ao empresario lugués Jorge Dorribo, cuxas declaracións xa zarrapicaron a políticos de PP, PSOE e BNG
"Os dous electrocardiógrafos do PAC do Clínico de Santiago estaban averiados"
CCOO denuncia que as obras no complexo hospitalario do CHUS só foron un "lavado de cara" diante do "malestar social" polo falecemento dunha persoa que agardaba a ser antendida nos corredores de urxencias
Os Heredeiros fixeron 'josar'
Javi, Tucho, Tonhito e Fran ofreceron un concerto memorable de máis de tres horas onte en LP45. Había oito anos que os Heredeiros non se subían a un escenario. Celebraban o 20 aniversario desde a súa primeira actuación na festa da Dorna en 1992. Galería no interior.
A infinitude do pequeno
Praza PúblicaUn achado do experimento LHCb abre a porta a comprender por que a materia venceu á antimateria no Big Bang
O experimento LHCb do Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN, no que participa a USC, publicou esta semana no repositorio dixital arXiv a primeira observación directa da falla de simetría entre materia e antimateria (fenómeno que se coñece en Física como ‘violación CP’) nas desintegracións do mesón Bs.
Citizen, A Ópera dos tres Reás e Oeste solitario, favoritas nos María Casares
A Ópera dos tres reás (CDG) e Citizen (Chévere) acadan oito nomeamentos, por seis de Oeste Solitario (Excéntricas) e tres de O Florido Pénsil (Eme2). Estas tres últimas son as candidatas á mellor obra galega do ano. Os premios entregaranse o vindeiro 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.