Internet, aliado para o ensino
Portais como Proyecta, que se presentará o 10 de setembro, ofrecen materiais e recursos online para os e as docentes. Outros, como botons.eu, diríxense a toda a comunidade educativa, pero moi especialmente aos pais e nais.
A empresa viguesa 2mares, premiada nas 'olimpíadas tecnolóxicas europeas'
Os StartUp Games recoñeceron 16 proxectos entre 500 aspirantes de todo o planeta, entre eles o Intellixente dos galegos, pensada para servizos de atención ao cliente en redes sociais.
O Valedor admite a trámite unha queixa pola emisión de touradas en TVE
Foi presentada por Galicia, mellor sen touradas, en protesta pola difusión de contidos violentos en horario infantil. O Consello Asesor de RTVE en Catalunya xa pediu que se desconectase o sinal naquel territorio pero finalmente a televisión pública emitirá os touros -por vez primeira en seis anos- tamén alí.
Tacheles, o final de 22 anos de cultura alternativa
Os seus últimos inquilinos abandonaron o edificio, despois de anos de loitas legais coas autoridades e os propietarios do predio situado no centro de Berlín, o HSH Nordbank.
Lugo reclámalle 1,9 millóns en impostos á Xunta e lamenta a súa "morosidade"
O Concello lugués lamenta que Feijóo "presuma de bo pagador" mentres segue sen abonarlle recibos como o imposto de bens inmobles de edificios do IGVS na cidade
150 'indies', todos metidos nun bote
Este venres celébrase o Pop Voyage, un festival realizado integramente nun barco que navegará pola ría de Arousa dende as dez da noite, coas actuacións das bandas galegas Músculo! e Trajano, semifinalistas do Proyecto Demo de Radio3, e Álex Casanova. Un bo anticipo para o Lolapop de Redondela, que terá lugar o sábado.
O globo de Pemex desínflaselle a Feijóo a pouco das eleccións
O comité de empresa de Navantia denuncia que os quimiqueiros que a Xunta dixo que se construirían en Galicia foron adxudicados xa en Corea. "Os gobernos do PP menten até a saciedade", critican, tras advertir da "dramática" situación do naval.
O Proxecto Florencio pecha a súa homenaxe ao 'Cego dos Vilares'
Este xoves Lugo acolle o derradeiro concerto desta iniciativa pensada para lembrar a figura do último violinista itinerante de Galicia, baixo a dirección musical do zanfonista Germán Díaz e coa presentación de Celso Sanmartín.
O paro descende un chisco en Galicia no mes de agosto
O número de desempregados baixa en 2.931 persoas na comunidade, que acumula un incremento interanual do 14,6% fronte ao 12% do Estado, onde os parados aumentaron en máis de 38.000 no mes de agosto e suman xa 4,62 millóns.
CxG desbota pactos electorais con forzas "non centradas no país"
Compromiso por Galicia subliña o seu ofrecemento de coalición a Anova mentres mantén o seu calendario electoral, encabezado pola celebración de primarias o vindeiro día 9
O Festival de Cine de Ourense terá 128 filmes a concurso
O certame comezará o 2 de novembro e entre os traballos presentados hai só catro galegos. AGADIC pecha este martes a convocatoria de aspirantes á praza de coordinador da súa política audiovisual.
Os afectados polas preferentes inclínanse pola arbitraxe malia renegar dela
Diversas plataformas asumen que boa parte dos estafados están optando pola vía recomendada pola Xunta a pesar de non estar de acordo con ela e ante o temor a unha vía xudicial "longa e dura" e unhas quitas que poden superar o 70%. As peticións de arbitraxe en Galicia ascenden a 13.300.