Prolingua aprobará o sábado un chamamento para as eleccións do 21-O
A plataforma celebrará unha asemblea en Teo este sábado, que tamén escollerá os membros da súa cerna. Poderán participar todos e todas as asinantes do manifesto.
Crece o uso de software libre nas empresas galegas
O oitenta por cento das compañías de máis de dez traballadores xa utiliza algún sistema de software non privativo, cinco puntos máis que o ano pasado.
Profesores interinos defenden os seus dereitos laborais ante a Xunta
Uns 200 docentes concéntranse ante a Consellería de Educación para protestar contra a eliminación de profesorado e os recortes no ensino público.
O Concello de Rianxo e Vitaminas presentan a campaña 'Móllate polo galego'
O obxectico da iniciativa é aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego. No acto, que terá lugar o mércores ao mediodía, participarán Tonhito de Poi, o alcalde da vila, Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do Barbanza que colabora na plataforma de medios en lingua galega.
As emisións galegas de gases de invernadoiro aumentaron en 2011, tras anos de descenso
A crise económica e, sobre todo, a diminución da produción das térmicas de carbón das Pontes e de Meirama, recortaron un 26% as emisións galegas de gases causantes do cambio climático entre 2007 e 2010. Os datos de 2011 avanzan un repunte das emisións, inducido polo incremento en perto dun 50% da produción de electricidade a partir de carbón. Un texto de Xosé Veiras no blog Un claro no bosque
Feijóo di que o seu programa "non é do PP nin busca votos" e si "saír da crise"
O candidato popular pide incluso desculpas aos seus militantes "se non se ven reflectidos" na folla de ruta electoral. "O único que lles pido é que lean ben o programa, para que entendan que é o programa da maioría", asegura, logo de asegurar que "non hai nada gañado".
Jorquera aposta por "poñer Galicia a producir" para saír da crise
O candidato do BNG á Xunta basea o seu programa na defensa rotunda dos servizos públicos e no avance "cara á soberanía" e reclama un cambio de rumbo claro nas políticas económicas da dereita.
Pachi Vázquez chama a "parar a dereita" para facer "unha Galicia distinta"
O candidato socialista á Xunta cre que nas eleccións galegas decídese se se "lexitima o último arreón de Rajoy contra o Estado social" e aclara que Caamaño é "un máis" no partido e que o importante é "formar o mellor equipo" de cara aos comicios.
Os ecogaleguistas reparten culpas polo "fracaso" da fronte ampla
Espazo Ecosocialista, un dos membros de Compromiso por Galicia, lamenta "que non se dera unha ampla alianza nacional e democrática" e anuncia "un periodo de reflexión" que rematará cunha asemblea extraordinaria na que decidirá o seu futuro.
Milleiros en Compostela contra os recortes dos servizos públicos
Varios miles de persoas, unhas 10.000 segundo os sindicatos, maniféstanse en Santiago na defensa do Estado de Benestar e contra a "criminalización" do público.
Portugal intensifica os axustes e elimina un salario anual aos traballadores
Passos Coelho anuncia que se aumentarán as cargas impositivas aos traballadores do sector privado, mentres se reducen para as empresas. A medida supón a perda dun soldo mensual para a maioría da sociedade.
O BNG promete recorrer dende a Xunta a liberalización de horarios comerciais
Jorquera comprométese a limitar a instalación de grandes superficies en Galicia nunha intervención na que alerta do risco democrático de que os membros do Parlamento non cobren polo seu labor, como propón María Dolores de Cospedal