O déficit de Galicia sitúase no 1,07% do PIB
O conxunto das comunidades autónomas pechou o primeiro semestre cun déficit do 0,77%
PP e UPyD impiden que as televisións autonómicas se poidan ver noutras comunidades
Os votos das dúas formacións botan abaixo a ILP Televisión Sen Fronteiras que fora promovida pola entidade Acció Cultural del País Valencià e que reunira máis de 650.000 sinaturas.
Denuncian desfases de centos de animais nos rexistros de entrada e saída de Bando
A Asociación Abeiro e a Asociación Animalista Libera esixen unha auditoría para aclarar os erros denunciados, que nalgúns anos roldan os 600 animais.
Pontón, Aymerich, Paz e Pombo, canda Jorquera á fronte das listas do BNG
O Consello Nacional do Bloque daralle o vindeiro sábado o visto e prace ás súas candidaturas para o 21-O, que pecharán Camilo Nogueira, Antón Bao, Alfredo Suárez Canal e Bieito Lobeira
Comeza o xuízo contra o autor da obra que meteu a Franco dentro dunha neveira
A Fundación Francisco Franco acusa o autor da obra de "atentar contra o dereito ao honor" do ditador. A vista terá lugar este venres e nela os demandantes presentan unha carta do ex alcalde de Madrid Álvarez del Manzano que lles dá a razón e que engade que a instalación estivo a piques de ser censurada en ARCO.
Artur Mas: "Catalunya precisa un Estado porque no español non encaixa"
O 'president' asegura en Madrid que a súa autonomía fracasou no esforzo por "transformar" o Estado español nun "Estado amable no que Catalunya puidese encaixar ben".
Volve o xogo tradicional
A Illa de Arousa acolle un curso de formación sobre o patrimonio lúdico, organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega.
O programa do ecoloxismo para o 21-0: Pechar Sogama e priorizar o tren de proximidade sobre o AVE
ADEGA, Amigos da Terra, CEMMA, FEG e SGHN presentaron un Programa pola Terra, as súas principais demandas para as formacións politicas que concorren ás eleccións. Entre outras cousas pídese o peche de Sogama en 2017, a moratoria da construción de novas autovias e derivar os cartos do AVE para o tren de proximidade.
Os casos de SIDA poden aumentar un 20% pola retirada da tarxeta sanitaria
A Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica (SEIMC) advírtelle ao Goberno que a súa decisión de deixar sen asistencia médica os inmigrantes sen papeis pode causar 50 mortes máis ao ano por esta enfermidade.
Bascuas, primeiro candidato ás primarias de Compromiso
O coordinador xeral da formación aspira a ser cabeza de cartel na Coruña nunhas eleccións ás que, di, CxG concorrerá "con todas as expectativas"
Disque hai festa este sábado
O medio de tendencias Disquecool celebra o seu primeiro aniversario cunha festa do máis cool no Liceo Mutante de Pontevedra. Entre as actividades previstas destaca unha xuntanza de ukeleles para tocar O tren de Andrés Dobarro, unha guerrilla de Urban Knitting que embelecerá o entorno urbano próximo ou unhas olimpíadas con probas como o escondite inglés, salto á comba e lanzamento de gafas de pasta.
Rajoy xoga cos tempos electorais e di agora que non sabe se haberá rescate
O presidente do Goberno asegura "non saber se é necesario" que o Estado pida a axuda ao BCE, malia que xa se deu por feito pola maioría do Executivo. A oposición pídelle que aclare a decisión antes das eleccións galegas e vascas.