Mario Conde anuncia que se presenta ás eleccións imitando o acento galego
O seu partido, Sociedad Civil y Democracia, celebrou o seu congreso no Pazo de Congresos de Compostela, que rexistrou media entrada. O ex banqueiro será o número un pola Pontevedra, mentres que Francisco Javier Fernández Tarrío encabezará a lista pola Coruña despois de abandonar a Executiva provincial do PP.
O BNG lanza en Betanzos unha campaña polo tren de proximidade
O acto principal terá lugar o sábado 22 na vila mariñá, onde confluirán cargos nacionalistas que partirán en tren da Coruña e de Ferrol. O Bloque alerta de que o plan de privatización de Renfe levará ao peche das liñas A Coruña-Ferrol e A Coruña-Monforte, consideradas "non rendibles economicamente".
Denunciados na Coruña por un bloqueo á sede do PP que "non se produciu"
Preto dunha decena de persoas reciben notificacións policiais por participaren nunha concentración ante a sede dos populares o pasado 11 de xullo co testemuño dos axentes como "única proba".
Pachi Vázquez: "Manexamos datos que confirman a posibilidade de cambio en Galicia"
O candidato do PSdeG á Xunta lanza os seus candidatos a percorrer as comarcas do país mentres asegura ver a Feijóo "desnortado" e pensando "só en salvar os compoñentes do Goberno" ante unha posible derrota
Beiras cualifica as apelacións ao voto do medo como "a demagoxia propia do fascismo"
Anova e Esquerra Unida i Alternativa mantiveron un encontro este venres en Compostela. O 80% dos militantes de Esquerda Unida ratificaron en referendo a coalición de Alternativa Galega
Agustín Fernández Paz, premio Ramón Piñeiro-Facer País
O galardón será entregado en Láncara nos días finais do vindeiro mes de outubro. O xurado salientou o feito de que a súa obra “en tempos de globalización permite a incorporación das novas xeracións ao coñecemento dos valores propios da cultura e a lingua galegas”.
A nova Cerna de Prolingua promoverá o galego no deporte e nas pemes
A asemblea que a plataforma celebrará este sábado pola mañá escollerá unha nova dirección, para a que se presentou unha única candidatura, integrada por Ana Acuña, Fran P. Lorenzo, Paco Martín, Xavier Senín, Mercedes Queixas, Agustín Fernández Paz, Xosé Henrique Costas, Francisco Fernández Rei ou Xabier DoCampo.
Xulgan os seis desempregados que en xuño levaron alimentos básicos dun supermercado en Ferrol
Forman parte da Asemblea de Desempregados da comarca, impulsada pola CIG, que acordara retirar os carriños presentado a cartilla do paro para logo entregarllos á Cociña Económica. O sindicato convocou unha concentración esta mañá diante dos xulgados da cidade.
Dinahosting é a primeira empresa en España en fornecer servidores baixo Windows Server 2012
A empresa galega comeza a ofrecer este servizo só unha semana despois do seu lanzamento oficial en todo o mundo. Dinahosting foi elixida por Microsoft como "mellor empresa hoster" do pasado ano 2011
Unha nova linguaxe – para un novo suxeito-
Praza Pública
O Padre Silva será homenaxeado este sábado
Nos actos que terán lugar en Ourense e que conmemoran o primeiros aniversario do seu falecemento participarán Luis Tosar, Tonhito de Poi e un espectáculo circense organizado pola Asociación Circo Nove.
Máis de 10.000 galegos únense á marcha "histórica" do 15S en Madrid
A capital do Estado acolle unha manifestación que se prevé de "transcendencia histórica" e que está apoiada por sindicatos e numerosos movementes sociais. O 15M adhírese á protesta, aínda que de forma "crítica".