Os coidados familiares a dependentes en Galicia teñen un valor non recoñecido de 5.000 millóns anuais

Preto de 300.000 persoas sofren algún tipo de discapacidade en Galicia e máis de 165 mil reciben coidados. Estes coidados son realizados na súa maior parte por familiares CC-BY-SA Xunta de Galicia

Preto de 300.000 persoas sofren algún tipo de discapacidade en Galicia e máis de 165 mil reciben coidados. Estes coidados son realizados na súa maior parte de maneira "informal", é dicir non por profesionais contratadas, senón por familiares

Preto de 300.000 persoas sofren algún tipo de discapacidade en Galicia e máis de 165 mil reciben coidados. Estes coidados son realizados na súa maior parte de maneira "informal", é dicir non por profesionais contratadas, senón por familiares das persoas dependentes na maior parte dos casos. Sen remuración económica e non contabilizado nas contas do país. Fálase pouco das persoas coidadoras, dos esforzos que deben realizar día a día. Un labor invisible, pouco recoñecido, pero ocupa horas de traballo non pagado. Moitas horas, un total de 491,35 millóns de horas anuais en Galicia que, de pagarse, se traducirían en preto de cinco mil millóns de euros cada ano.

Os cálculos foron realizados no estudo El Derecho al Cuidado y la Economía de los Cuidados en España, un documento realizado no marco do proxecto Iberlongeva coa participación da Universidade de Vigo que foi presentado a pasada semana no campus de Ourense.

Galicia é o territorio no que a contorna familiar se ocupa en maior medida deste traballo, chegando ata o 97,9% das horas de coidados. Das empregadas do fogar depende outro 2% (a media española é do 4,9%) e os coidados profesionalizados non chegan ao 0,1% das horas totais (1% na media do Estado). 

O informe, ademais, inclúe unha lectura territorial específica para Galicia baixo o título Claves para Galicia: dereito, territorio e futuro. De Galicia destácase unha problemática particular, derivada do maior envellecemento da poboación: o 26,9% da poboación de Galicia ten 65 anos ou máis, fronte ao 20,7% da media española.

No documento sinálase que “Galicia presenta indicadores administrativos favorables, pero mantén importantes déficits na cobertura real de coidados”. Neste senso, destácase que nos último anos reduciu o chamado “limbo da dependencia” ata o 0,5% en 2025, fronte ao 36% rexistrado en 2015, situándose moi por debaixo da media nacional, que é do 6,3%. Con todo, o tempo medio de acceso ás prestacións segue sendo elevado segundo recolle o informe, con 329 días de espera, unha cifra próxima á media estatal e afastada de comunidades como o País Vasco ou Castela e León.

Galicia amosa "unha orientación máis marcada cara á axuda a domicilio, que representa o 26% das súas prestacións, por encima da media estatal (16%) Tamén destaca o maior peso dos centros de día/noite (9% fronte ao 5% estatal)

A outra característica distintiva de Galicia é o maior peso das familias na provisión de coidados para as persoas dependentes. Aínda que os coidados informais son claramente maioritarios en todas as comunidades autónomas (representan o 94,1% das horas de coidados no conxunto do Estado), Galicia é o territorio no que a contorna familiar se ocupa en maior medida deste traballo, chegando ata o 97,9% das horas de coidados. 

Das empregadas do fogar depende outro 2% (a media española é do 4,9%) e os coidados profesionalizados non chegan ao 0,1% das horas totais (1% na media do Estado). 

En todo caso, saliéntase que Galicia amosa "unha orientación máis marcada cara á axuda a domicilio, que representa o 26% das súas prestacións, por encima da media estatal (16%), sendo unha das CCAA que máis desenvolveu este tipo de prestación. Tamén destaca o maior peso dos centros de día/noite (9% fronte ao 5% estatal) e da prestación económica vinculada ao servizo (16% fronte ao 11%), o que apunta a un modelo relativamente máis apoiado en servizos que en coidados familiares directos. 

En Galicia o valor anual deses coidados informais estímase nunha contía entre 4.227 e 5.495 millóns de euros, equivalentes a 491,35 millóns de horas anuais. O documento vén a concluír que en Galicia a demanda potencial de emprego formal neste ámbito dos coidados é moi elevada

No estudo sinálase que “este contexto converte Galicia nun territorio clave para debater o futuro dos coidados. O envellecemento demográfico, a dispersión poboacional e o peso das familias na provisión de coidados fan especialmente urxente avanzar cara a un modelo máis profesionalizado, domiciliario, comunitario e centrado na persoa”, destacan.

O estudo detalla que os coidados informais realizados polos fogares equivalen no conxunto de España a unha proporción do PIB que se sitúa entre o 3,6% e o 4,7%. En Galicia o valor anual deses coidados informais estímase nunha contía entre 4.227 e 5.495 millóns de euros, equivalentes a 491,35 millóns de horas anuais. O documento vén a concluír que en Galicia a demanda potencial de emprego formal neste ámbito dos coidados é moi elevada, de traducirse tan só unha parte de coidados informais en traballo remunerado. 

De cara a 2030, o estudo estima que reforzar o sistema requiriría para Galicia un investimento adicional equivalente a 0,6 puntos do PIB galego, é dicir, uns 491 millóns de euros anuais

Os cálculos teñen en conta o valor do salario por hora medio do persoal de coidados a persoas en servizos de saúde (que se sitúa en 9,59 euros/hora) e tamén o salario por hora medio do persoal de asistencia en establecementos residenciais (que se sitúa en 8,14 euros/hora). Ademais, engade -de aí a parte superior dos cálculos- mecanismos correctores da fenda de xénero.

De cara a 2030, o estudo estima que reforzar o sistema requiriría para Galicia un investimento adicional equivalente a 0,6 puntos do PIB galego, é dicir, uns 491 millóns de euros anuais. Dependendo do criterio de distribución, este investimento podería traducirse nun impacto potencial de entre 21.900 e 31.700 novos empregos. 

En Galicia cada 100 millóns de euros de investimento público en coidados poderían mobilizar arredor de 160 millóns de euros de actividade económica. por cada euro que as administracións públicas destinan a coidados de longa duración, ingresan potencialmente 49 céntimos en retornos fiscais e cotizacións

No texto sublíñase ademais que reforzar as políticas públicas de coidados non só ten impacto social, senón tamén económico: en España, en 2023, 10.623 millóns de euros en prestacións xeraron un impacto de 17.260 millóns sobre o PIB, cun multiplicador próximo a 1,6. Aplicado a Galicia, cada 100 millóns de euros de investimento público en coidados poderían mobilizar arredor de 160 millóns de euros de actividade económica. 

Ademais, por cada euro que as administracións públicas destinan a coidados de longa duración, o informe sinala que ingresan potencialmente 49 céntimos en retornos fiscais e cotizacións. “En Galicia, este dato cobra especial relevancia pola elevada incidencia do coidado informal e pola oportunidade de transformar parte dese traballo invisible en emprego formal, actividade económica e servizos de proximidade”, sinálase. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.