Acontece
A Garda Civil interveu 56 veces desde abril para protexer a muller asasinada en Oia da súa ex-parella
Ana Vanessa Serén foi asasinada por un home do que fora parella este sábado nas inmediacións do camping 'O Muíño' de Mougás, no concello de Oia (Pontevedra), onde traballaba. O presunto asasino é Garda Civil de profesión, tiña unha orde de afastamento de 300 metros da vítima e a prohibición de comunicarse con ela.
Galicia segue entre os territorios do Estado cos médicos máis envellecidos: a metade dos colexiados ten máis de 55 anos
No último ano incrementouse o número de profesionais menores de 45 anos, pero a porcentaxe de colexiados e colexiadas por debaixo desa idade é do 35%, a cuarta máis reducida, só por detrás de Aragón, Asturias e Castela e León. Ademais, Galicia é a quinta comunidade autónoma con menos medicos e médicas por habitante.
O TSXG anula o aval da Xunta a un parque eólico por reducir o prazo para alegar e pola súa fragmentación "indebida"
O alto tribunal advirte que o proxecto de Greenalia en Campelo non é autónomo nin independente dos de Monte Toural e Bustelo e acláralle ao Goberno galego que baixar á metade o prazo para presentar alegacións incumpre a normativa da UE.
Que é a seguridade?
Antonio Gregorio
'DEP. Destruír é o plan': o documental que deita luz sobre o "colapso" da sanidade pública en Galicia
A plataforma SOS Sanidade Pública estrea un filme no que trata de explicar "os motivos polos que a mortalidade evitable, non explicable pola epidemioloxía, segue crecendo" no país e no que relata os problemas no Sergas.
Unha ducia de cousas que pasaron á marxe da campaña electoral (e unha que suporá outra campaña electoral)
Recuperamos algúns dos principais temas que publicamos en Praza nas dúas últimas semanas e que se che puideron pasar entre o balbordo dos mitins
- Datos
- Acontece
Os concellos urbanos galegos, entre os máis envellecidos do Estado e con menor poboación estranxeira
O INE compara os datos de 126 cidades (sete delas galegas) e dun total de 417 localidades de máis de 20.000 habitantes. É ben sabido que Galicia no seu conxunto ten unha poboación envellecida e unha baixa taxa de natalidade mais estes datos amosan que esta situación non é exclusiva das zonas rurais, senón que se estende aos grandes concellos
Viaxe a Ezkaba
Francisco Xavier Redondo Abal
Persoal da CRTVG denuncia "represión organizada" da dirección duns medios públicos "ao servizo do PP"
Defende A Galega conmemora os cinco anos de mobilización acusando a dirección xeral de "impunidade, cinismo e desprezo", ademais dun "desleixo e a incompetencia habitual que conduce os medios públicos a uns índices intolerables de irrelevancia social".
Galicia, á cabeza do Estado en número de pacientes que atende cada día o persoal de Atención Primaria
Unha investigación de Civio a partir de datos oficiais revela a realidade da presión asistencial en todo o Estado. As áreas sanitarias galegas teñen, xunto coas andaluzas, os centros de saúde e profesionais máis saturados, tanto en Medicina de Familia como Pediatría e Enfermaría.
Cinco anos de Defende A Galega: máis conflito e menos medo na loita contra a "manipulación" na CRTVG
Os 'venres negros' fan un lustro demandando o cumprimento da lei de medios e a fin do "control político" dos medios públicos. O persoal mobilizado mantén o pulso cunha dirección que afronta varias demandas por "represalias" e nega a conflitividade.