
'As mulleres que opinan son perigosas' celebra cinco anos creando "redes de mulleres que reclaman o seu espazo"
A quinta edición do encontro terá lugar en Pontevedra os días 10 e 11 de xuño. O foro racha a súa norma de non repetir participantes e entre as 18 convidadas están cinco xornalistas que xa estiveron na primeira edición e que farán balance do camiño percorrido. Ademais, estarán Mercedes Milá, Mamen Mendizábal, Ana Pardo de Vera, Paloma del Río, Ángeles Caballero, Marta García Aller ou Luz Sánchez Mellado