O aumento de incentivos económicos non frea a rebelión da enfermería no Sergas pola sobrecarga e a falta de persoal
O incremento da retribución por horas extras non impide a protesta de traballadoras, que rexeitan ampliar a súa xornada para cubrir a falta de profesionais e critican que Sanidade non aborde a mellora das condicións laborais e da estabilidade.