O ecoloxismo rexeita o Plan Reitor das Fragas do Eume proposto pola Xunta, sen medidas para frear a eucaliptización do parque
As masas de eucalipto anteriores a 1997 "son amnistiadas pola Xunta para que sigan sendo foco de invasión e degradación", denuncian dez entidades nun documento que critica o "desleixo" do Goberno galego e sinala que o espazo é "o parque natural peor conservado da Europa Atlántica"