Acontece
O descenso do impacto da COVID en Galicia non evita que se detecten aínda o dobre de casos que antes do Nadal
O país suma xa 2.080 mortes por coronavirus, 304 falecementos notificados nas últimas dúas semanas e case 600 nos últimos trinta días.
Psicofonias conspiranóicas
Joám Lopes Facal
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia segue por riba do peor da segunda vaga tras dúas semanas de pronunciado descenso
O Sergas suma 648 casos novos cunha media duns 721 diagnósticos por PCR ao día na última semana, aínda tamén por riba do máximo da segunda vaga malia á liña descendente. A hospitalización xa é inferior á do pico da primeira vaga, pero nas UCI segue habendo máis de 200 persoas con test positivo. Galicia rexistra na última semana unha media de vinte mortes ao día de persoas contaxiadas
Lograr unha adxudicación e acabar estafado: a Xunta alerta de suplantacións de identidade
As empresas que reciben contratos públicos deben depositar unha fianza, pero o Goberno galego alerta de correos que se fan pasar pola administración adxudicataria facilitando un número de conta alleo
Docentes, policías, persoal de emerxencias e de farmacias, entre os novos grupos prioritarios na vacinación da COVID
O Ministerio de Sanidade vén de actualizar a estratexia de vacinación, que inclúe a vacina de AstraZeneca, que se administrará ás persoas de menos de 55 anos. Este xoves comezou en Galicia a protección do persoal do Servizo de Axuda no Fogar e a finais de febreiro a das persoas de máis de 80 anos.
A sanidade no rural: o recorte de servizos que engade obstáculos á vida na Galicia non urbana
A cooperativa audiovisual Xarda presenta o primeiro vídeo dunha serie sobre problemas, movementos e iniciativas do rural galego. A peza céntrase no desmantelamento da sanidade pública e da atención primaria, coa intervención de persoal sanitario, activistas e representantes da Asociación Galega pola Defensa da Sanidade Pública ou Pediatras e Matronas Xa.
Feijóo condiciona o levantamento dalgunhas restricións pola COVID á vacinación da poboación maior de 80 anos
O presidente apunta á hostalería como “sector crítico na transmisión do virus” e di que a Xunta está a axudala “con cantidades inxentes”
- Datos Coronavirus
- Acontece
O freo da COVID comeza a chegar aos centros sanitarios galegos, aínda máis presionados que na primeira vaga
Máis de 14.000 altas epidemiolóxicas nos primeiros dez días de febreiro contribúen a moderar os casos activos e a hospitalización, que rexistra a primeira baixada significativa nas UCI malia seguir por riba do pico da primeira vaga. O Sergas suma 677 novos casos e o gran número de probas ligadas aos cribados contribúe a que descendan as taxas de positividade mentres rexistra unha media diaria superior ás 20 mortes na última semana
Lobos. Cando se xoga coas cousas de comer
Pedro Alonso Iglesias
Galicia xa suma en febreiro máis mortes de persoas coa COVID que en todo decembro mentres a incidencia segue a baixar
Nos primeiros nove días do mes rexistráronse xa 199 mortes de persoas coa COVID-19 tras outras 411 en xaneiro e o total chega xa a 2.016. A incidencia a 14 días para o conxunto de Galicia rolda os 570 casos tras un descenso pronunciado que, admite Sanidade, aínda está "moi lonxe do obxectivo" marcado. As persoas hospitalizadas por mor da pandemia seguen descendendo, pero as UCI aínda non rexistran cambios significativos, con case 250 persoas ingresadas
Unha familia de Arteixo, ante a Fiscalía por non enviar a clase o seu fillo por ser 'paciente de risco' ante a COVID
Dende setembro solicitan que o neno, estudante de 2º de ESO, siga o curso dende a casa. Porén, a Consellaría de Educación non acepta os informes nos que a súa pediatra refire diversas patoloxías que o converterían a el e á súa irmá pequena en persoas de risco ante a enfermidade, traladando o caso á Fiscalía para que investigue un posible delito de absentismo escolar